1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

140915 fdoaGaliza - Sermos Galiza - [DA] Asegura ter sido golpeado e expulso do recinto por parte do servizo de apoio da festa após estar a bicar con outra persoa.


O PCP nega unha "postura homófoba" e sinala nun comunicado de imprensa que a dirección do Avante intervirá de se confirmar "calquera acto individual" que se afaste dos principios que rexen a festa.

Carlos R. (nome ficticio) denunciou perante a Polícia de Segurança Pública de Lisboa agresións pretensamente sufridas durante a Festa do Avante na Quinta da Atalaia, Amora (Seixal). Segundo este activista galego, quen explicou en conversa conSermos Galiza os acontecementos, el e un outro compañeiro atopábase no interior do recinto da festa, o sábado 5 de setembro, cando o servizo de apoio do Avante se achegou a eles nunha "furgoneta negra". 

"Dixéronnos que eramos uns porcos" porque se estaban a bicar "e que tiñamos que facelo fóra", asegura Carlos R. quen se dirixiíu aos integrantes do servizo para lles preguntar --cun ton "chulo", recoñece-- se "hai algunha lei en Portugal que prohiba o amor entre dous homes". 

Pola súa banda, através dun comunicado de imprensa, o PCP sinala que a intervención do servizo de apoio e a "saída das persoas do recinto tivo orixe nun acto de sexo oral [practicado] en pleno espazo público". 

Sexa como for, segundo o relatado polo activista galego perante a Polícia de Segurança Pública portuguesa --como se recolle na denuncia á que tivo acceso Sermos Galiza-- o servizo de apoio "colleume das mans por detrás, inmobilizáronme, déronme unha patada nos pés para me tirar ao chan e puxéronme a bota riba das costas". 

Neste senso, sinala Carlos R. en conversa con este medio, eran "no mínimo 6 persoas" que procederon a sacalo do recinto no que decorre a festa. Fóra xa do valado, afirma, "saquei o móbil para identificar a matrícula" do vehículo no que foi trasladado e, ao decatárense disto os integrantes do servizo de apoio voltaron cara a el. 

"Metéronme no vehículo, vendáronme os ollos e puxéronme a cabeza entre as pernas mentres me batían nas costas", asegura ao tempo que lle "apertaron o pescozo cunha corda", segundo recolle a denuncia. 

"Tiráronme fóra" do vehículo "nun monte" e alí "quitáronme os pantalóns para coller o teléfono móbil" mentres lle proferían insultos homófobos como "paneleiro" e lle batían nas costas con patadas. 

"Eu non me movía, teño rabuñaduras nas mans", afirma. Após conseguiren acceso ao seu teléfono para proceder a borrar as fotografías que tirara no cerco da festa, "quitáronme a venda e a corda que tiña no pescozo, e marcharon". 

O acontecido, que foi denunciado perante a policía portuguesa, "non é un caso illado", denuncia Carlos facendo referencia a un "expediente" achegado pola propia policía.

Porén, desde o gabinete de imprensa do Partido Comunista Portugués (PCP), organizador da Festa do Avante, desmenten "a afirmación e sustentación da intervención dos servizos de apoio da Festa do Avante porque dúas persoas do mesmo sexo se estivesen a bicar". 

Neste senso, o PCP nega ter unha "postura homófoba" e salienta que a actitude da formación comunista é "de respeito integral pola orientación sexual quer dos seus militantes quer, por máis razón, da inmensa masa humana que connosco convive e participa" nun "espazo de liberdade e solidariedade" como, defenden, é a Festa do Avante.  

Así as cousas, nun primeiro comunicado o PCP sinala que "calquera acto individual que se afaste destes principios terá a debida intervención da Dirección da Festa" referíndose ás medidas que podería adoptar de se confirmar a agresión sufrida por Carlos R. 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.