A intención é abordar colectivamente a problemática relativa as agresións de xenero dentro dos Movementos Sociais, así como a de identificar e valorar outro tipo de comportamentos sexiatas e patriarcais. Os eixes sobre os que nun principio se pretendía articular o debate son: reflexionar sobre o concepto mesmo de agresión e a sua identificación; a autodefensa persoal e colectiva fronte a estas; como xestionalas dende os Movementos Sociais e valorar ferramentas para previlas, tratalas e combatelas.
Despois do debate, coma sempre, poderedes degustar petiscos veganos para repoñer forzas.