1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

280615 orgulho2015Galiza - Isca! - A situación das persoas XSDI (Xéneros e Sexualidades Diversas e Intersexuais) é moi precaria, tanto a nivel global como a nivel galego.


 As agresións, o acoso e a discriminación están á orde do día, tanto na rúa como na escola, a familia e as institucións públicas; igualmente frecuentes son os suicidios das persoas trans, homosexuais, bisexuais, etc, por mor do rexeitamento e persecución sociais.

Vivimos nunha sociedade cisheteropatriarcal sustentada nunha restritiva norma con respecto ao sexo, o xénero e a sexualidade. Esta norma clasifica os individuos, ordenando estes tres factores nun continuo que configura dous únicos modelos de existencia válidos: homes heterosexuais con sexo “masculino” e mulleres heterosexuais con sexo “feminino”.

Existe unha situación de opresión que non debemos negar nin podemos aceptar e perante a cal cómpre rebelármonos desde unha óptica feminista. Sen o feminismo non será posíbel derrubar a cisheteronorma, xa que o movemento XSDI partilla un mesmo inimigo coas mulleres, o patriarcado, e un mesmo bando, o transfeminismo.

Hai tempo xa que o patriarcado asinou un contrato co capitalismo e nos marcou un perigoso horizonte: a nosa aceptación como colectivo pasa agora por sermos dóciles, por sermos consumidoras de beleza normativa e espazos e formas de ocio especialmente deseñadas, por escoller de novo entre dúas opcións igualmente inocuas e limitadoras dum marco binario, home gay ou muller lesbiana; por sermos, en definitiva, una engrenaxe submisa do mecanismo capitalista e patriarcal. Non se nos permite cuestionar o xénero, a institución da familia ou os modelos afectivo-sexuais; non se nos permite reivindicar as nosas liberdades alén dum espectáculo monitorizado polas empresas e os medios de comunicación.

Mais unha vez achégase o 28 de xuño e vemos como as olladas son dirixidas cara a modelos de existencia que o patriarcado pode tolerar: gais delgados, ben vestidos e educados ou lesbianas de feminidade normativa, ambos grupos totalmente castrados no sentido político da palabra, ambos grupos perfectamente asimilábeis á lóxica do capitalismo rosa.

Derrubando armarios, construíndo orgullo

Conquistar as liberdades e dereitos sexuais e de xénero e normalizar a situación das persoas XSDI debe ser un dos principais obxectivos da loita feminista, mais a realidade é ben outra; na sociedade galega, esta cuestión tende a ser infravalorada ou directamente esquecida.

Desde Isca, acreditamos na necesidade de definir posturas claras arredor da loita XSDI, de abordala desde unha postura nitidamente feminista e cun claro contido de clase, así como situándoa nunhas coordenadas intrinsecamente galegas.

Cómpre racharmos co pacto social, dinamitarmos os alicerces da nosa opresión como colectivo e loitarmos por podermos desenvolver plenamente as nosas liberdades sexuais e de xénero, derrubando os armarios que nos limitan e construíndo o orgullo que necesitamos para afrontar a loita.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.