1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

8524456375 821374ef13 zGaliza - PGDA - O feminismo galego levará a cabo hoxe mércores 27 unha acción colectiva contra o feminicidio. Así, as feministas desenvolverán unha concentración de repulsa fronte os Xulgados de diferentes cidades galegas, ás 19.30 horas.


Foto de amaianos (CC /by/2.0)

María Isabel Fuentes foi acoitelada polo que era o seu marido, Aniceto Rodríguez, nunha habitación do Hospital de Ourense onde se atopaba ingresada desde o 3 de abril logo de ter sido agredida na súa propia casa.

Non se adoptaron medidas cautelares de protección polo que o seu marido puido entrar na habitación e matala. Foi asasinada pola súa parella, polo mero feito de ser muller, mais tamén como consecuencia da ineficacia duns poderes públicos que non a protexeron, explican da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto.

Hai moitos síntomas que indican que non vivimos nunha democracia. O máis claro é que mentres este sistema patriarcal non se erradique, este sistema que se perpetúa baixo a premisa de que non somos donas de nós, que somos propiedade dos homes, nin haberá democracia nin pode haber igualdade real. A violencia machista é unha das graves consecuencias que o patriarcado deixa na sociedade que impera.

Mentres non se aborde a violencia contra as mulleres desde unha perspectiva integral, e non sexa considerada un problema estrutural, mesmo un problema de estado por parte dos poderes públicos, mentres a violencia de xénero, xunto coa igualdade e a a corresponsabilidade, non formen parte dos currículos educativos, seguiremos aturando e mesmo sendo cómplices desta violencia estrutural que está a aniquilar ás mulleres.

O asasinato de Isabel debe facer reaccionar. As feministas son conscientes de que é preciso dar un paso adiante nas accións convocadas polo feminismo galego. Hai que implicar aos poderes públicos na loita contra o feminicidio. Amosar a responsabilidade da xustiza pola indefensión á que se ven sometidas as vítimas. Por iso fan un chamamento a toda a sociedade galega a participar nas concentracións de repulsa convocadas polo movemento feminista en varias cidades de Galiza diante dos XULGADOS ÁS 19:30 HORAS.

En Compostela, desenvolverase nas escaleiras de acceso aos Xulgados das Fontiñas. A protesta consistirá nunha “performance” na que representaremos a cada unha das mulleres asasinadas durante o pasado ano e o presente a través da colocación dunha cadeira co nome da vítima e as circunstancias nas que foi asasinada.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.