1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

15051 lgbt cigGaliza - CIG - A CIG denuncia os ataques contra a diversidade sexual e esixe a protección deste dereito.


Hai 25 anos que a asemblea xeral da OMS aprobou -o 17 de maio de 1990- a retirada do código 302.0 (relativo á homosexualidade) da Clasificación Internacional de Doenzas. A nova clasificación entrou en vigor entre os países que forman parte das Nacións Unidas en 1993. Dende aquela foron moitos os avances en igualdade acadados: desde os cambios normativos na denominación rexistral para as persoas transexuais, a inclusión de artigos específicos na lexislación respecto da non discriminación por orientación sexual e identidade de xénero, mesmo o matrimonio e as unións de feito entre persoas do mesmo sexo.

Porén, a igualdade aínda non está conseguida de pleno. Aínda hai 76 estados que seguen criminalizando a homosexualidade e condenando os actos sexuais entre persoas do mesmo sexo con penas de prisión. Incluso en 7 estados esta pena pode ser de morte: Arabia Saudí, Emiratos Árabes, Irán, Mauritania, Nixeria, Sudán e Iemen.

Así, desde o ano 2005, diferentes organizacións pola liberación sexual e colectivos en defensa dos dereitos de gais, lésbicas e homes e mulleres transexuais están promovendo a institucionalización do 17 de Maio como Día Internacional de Loita contra a Homofobia, a Lesbofobia e a Transfobia.Galiza non escapa a esa realidade. Pese aos recoñecementos legais, seguen a existir casos de discriminación cara o colectivo de lésbicas, gais, bisexuais, travestís, transexuais e intersexuais (LGBTI).

Neste 17 de maio, do mesmo xeito que animamos a todas as galegas e galegos a defender combativamente as agresións contra a nosa lingua, pulamos porque a diversidade sexual e de xénero sexa contemplada como tal tanto na esfera social, como na educativa, ou a laboral.

Do mesmo xeito que rexeitamos as agresións contra a nosa lingua, denunciamos os retrocesos derivados do recorte de liberdades propiciado polos gobernos da dereita, tanto na Galiza, como no Estado español, e en moitos países, mesmo do continente europeo:

- A nivel laboral, debemos amosar o noso compromiso coa erradicación das actitudes homofóbicas, instando a adoptar medidas que eviten calquera tipo de discriminación e acoso laboral, propiciando a igualdade de oportunidades e de trato de todas e todos os traballadores, negociando cláusulas específicas nos convenios colectivos e nos planes de igualdade de oportunidades nas empresas.

- Denunciamos a inxerencia inaceptábel do Estado e da xerarquía eclesiástica nos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres, tanto se deciden interromper libremente o seu embarazo, como se deciden optar pola fecundación asistida, teñan ou non parella, e independentemente da súa escolla sexual.

- Esiximos o financiamento de tratamentos para persoas transexuais, e a inclusión do tratamento integral de reasignación de sexo no catálogo de prestacións sanitarias, ou o acceso á reprodución asistida no sistema sanitario público galego por parte de mulleres lésbicas e bisexuais.

- Esiximos que todas as persoas, independentemente da súa orixe, do seu estado civil, ou da situación legal na que se atopen, poidan ser atendidas nos servizos públicos de saúde, e teñan cubertos os seus tratamentos médicos, sen que teñan que facer alusión ás súas prácticas sexuais.

- Consideramos que a nova lei educativa, a LOMCE, é unha agresión contra a nosa lingua, contra a necesidade de acadar un sistema educativo propiamente galego, público, gratuíto, laico, científico, coeducativo e democrático; que impide un tratamento adecuado da diversidade afectivo sexual no ámbito educativo, e por tanto, fica lonxe o obxectivo de acadar unha educación igualitaria e respectuosa coa diversidade de opcións sexoafectivas e de identidade.

- Por iso consideramos preciso que o sistema educativo integre a dignificación e o recoñecemento das diferentes opcións sexuais, educando na liberdade para enfocar a vida persoal e sexual de cada quen, a través da visibilidade desta realidade diversa nas materias educativas, impulsando e apoiando aquelas producións culturais que inclúan a realidade LGTBI para potenciar referentes positivos da homosexualidade, bisexualidade, transexualidade e intersexualidade, poñendo especial fincapé na súa divulgación nos centros de ensino infantil, medio e superior.

Por todo o exposto, dende a CIG amosamos o noso compromiso coa diversidade afectiva e sexual, e instamos a combater o sexismo, o heteropatriarcado e a LGTBI fobia.

Galiza, 15 de maio de 2015


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.