1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

070415 iraGaliza - Anistia Internacional - O vindeiro venres 10 de abril, ás 18:30h, terá lugar,  na Escola Oficial de  Idiomas da Coruña (R/ Pepín Rivero nº 1), unha conferencia da activista iraniana de Dereitos Humanos Shadi Sadr sobre o recorte dos dereitos das mulleres en Irán.  


Nesta mesma sesión entregaranse os premios do Primeiro Concurso de Microrrelatos O meu Corpo os meus Dereitos, organizado pola Rede de Escolas de Amnistía Internacional de Galiza. Estas actividades teñen lugar cando se cumpre un ano do lanzamento da campaña O meu corpo, os meus dereitos.

Sadr é iraní, avogada de dereitos humanos e activista polos dereitos da muller. É directora de Raahi, centro de asesoramento legal para mulleres, e fundadora da páxina web Mulleres en Irán, desde onde se mostran os logros na defensa dos dereitos de mulleres neste país. Axudou a centos de persoas a través do seu traballo, apoiou numerosas campañas realizadas en Irán, entre outras, Paremos as lapidacións para sempre.

O seu traballo foi premiado por varias entidades de dereitos humanos, recibindo o premio Human Rights Tulip en 2009. Este mesmo traballo obrigouna a abandonar Irán, ao ser acusada de "actos contra a seguridade nacional" por asistir a unha manifestación pacífica fronte ás portas dun tribunal en Teherán, onde se xulgaba a catro mulleres defensoras de dereitos humanos. Foi condenada a  seis anos de cárcere e a 74 lategazos. Deixou Irán en 2010.

Ese mesmo ano co-fundou unha nova organización: Xustiza por Iran (JFI, polas súas siglas en inglés), cuxo principal obxectivo é erradicar a impunidade oficial da que gozan os altos dirixentes da República Islámica de Irán, mentres violan os dereitos humanos dos cidadáns e cidadás do país. JFI busca a xustiza para as minorías étnicas e relixiosas, os colectivos LGBTI, as mulleres, e as/os que sofren persecución pola súa ideoloxía política.

Iran debate a aprobación de dous proxectos de lei que limitarían significativamente ás mulleres o acceso a anticonceptivos, excluíndoas do mercado de traballo en caso de non ter polo menos un fillo. Con esta reforma lexislativa inténtase impulsar o aumento das cifras da poboación do país. Amnistía Internacional ven de denunciar recentemente esta situación co seu informe: Procrearás: Ataques contra os dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres en Irán.

"As autoridades están fomentando unha cultura perigosa na que as mulleres son desposuídas de dereitos fundamentais e consideradas máquinas de procrear, sen ter en conta que teñen dereitos a decidir sobre o seu corpo e a súa vida", sinalou Inmaculada Sangiao, Coordinadora do Equipo DESC de Amnistía Internacional Galicia.

Os proxectos de lei:

O Proxecto de Lei para aumentar as taxas de fecundidade e previr a diminución da poboación restrinxe, entre outras cousas, o acceso a métodos anticonceptivos, ilegaliza a esterilización voluntaria, prohibe a educación sexual e desmantela a planificación familiar.

O Proxecto de Lei integral sobre poboación e exaltación da familia, pola súa banda,  fomenta o matrimonio cedo e a maternidade repetida, nega a igualdade en materia de emprego, divorcio e relacións familiares, permite a impunidade da violencia doméstica.

"Os proxectos de lei transmiten a mensaxe de que as mulleres non serven máis que facer bebés, e suxiren que non teñen dereito a traballar ou a desenvolver unha carreira profesional ata que cumpran esa función e obrigación primaria", manifestou Sangiao.

Amnistía Internacional lanza, ademais das distintas actividades , unha ciberacción dirixida ás autoridades iraníes, solicitando que retiren os proxectos de lei, que restablezan os programas de planificación familiar e que poñan fin á discriminación das mulleres na lei.  A ciberacción está xa dispoñible en https://anistia.org.br/noticias/ira-ropoe-leis-que-reduzem-mulheres-maquinas-de-procriar-na-tentativa-de-aumentar-populacao/

O meu corpo, os meus dereitos

No mes de marzo cumprise un ano do lanzamento da campaña de Amnistía Internacional O meu Corpo, Os meus Dereitos. Os dereitos sexuais e reprodutivos son dereitos humanos universais, esixibles por todas as persoas, independentemente do sexo, idade, identidade de xénero, ou o tipo de relacións familiares ou íntimas que escollan. Todo o mundo ten dereito a decidir sobre a súa saúde, os seus corpos, a súa sexualidade e vida reprodutiva libre de coerción, discriminación e violencia. Todas e todos temos o dereito de solicitar e recibir información e educación sexual e reprodutiva, e acceso a servizos de saúde.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.