1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

filos.redimensionadoGaliza - Aula Castelao de Filosofia - Abertas as inscrições para a XXXII Semana Galega de Filosofia: "Filosofia e Sexualidade"


Entre os días 6 e 10 de abril de 2015 decorrerám no Teatro Principal de Ponte Vedra a XXXII SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA co título de: Filosofía e Sexualidade. Podedes matricularvos xa accedendo ao seguinte formulario de inscrición: INSCRIÇÃO Gratuita.

Programa:

Mañá: REFLEXIÓN FILOSÓFICA SOBOR da SEXUALIDADE. (Coordina Xoán Carlos Garrido). Este eixo desenvolverá os relatorios de maior contido e peso académico. Abrirá o debate o Profesor Efigenio Amezúa da Universidade de Alcalá, máximo expoñente da Sexoloxía en España e editor da Revista Española de Sexología. Estarán con el na reflexión José Antonio Nieto Piñeroba, Belén Castellanos Rodríguez, Elvira Burgos e Araceli Fuentes García-Romero.
Tarde: A SEXUALIDADE VISTA DESDE GALICIA. (Coordina Montse Bragado). Un "ollar o escenario galego" articula as conferencias da tarde. Concentrará a súa atención en Galicia recorrendo cunha visión histórica o camiño que nos trai dende os mitos e tabús ancestrais, atravesando os feminismos e os actuáis movementos LGBT ata outras comprensións máis disidentes da sexualidade. Ilustrarán este ámbito Xosé Luis Garrosa Gude, Laura Bugalho, José López Riopedre, Ofelia Rey Castelao, e Maria Victoria Carrera.

progNoite: A SEXUALIDADE A DEBATE. (Coordena Ana Regueira) Coma cada ano as sesión da noite están trazadas cun perfil máis divulgativo e accesible, non por iso será o percorrido menos histórico xa que permitirá trazar unha ollada dende a sexosofía máis antiga os máis remotos factos da sexualidade africana pasando polos actuais discursos sobre os mercados do sexo. O mapa debuxarano nas noites Dolores Juliano, Javier Peteiro Cartelle, Joserra Landarroitajauregi Garai, e Manuel Cochole Paolo Gomane. Será na última das sesión de noite onde terá lugar a sesión de clausura a cargo de Román Gubern historiador de medios de comunicación de masas e especialista en cultura da imaxe e comunicación audiovisual, actual colaborador de El País que foi pioneiro en estudios sobre a pornografía en España.

A inscrición e asistencia á XXXII SGF dá dereito à certificación de 20 h. como formación do profesorado da Consellería de Educación e/ou a 1 crédito ECTS da Universidade de Vigo.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.