1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

020315 debatGaliza - Isca! - As militantes de Isca! acreditamos na (auto)formación como unha das ferramentas precisas para loitarmos contra o sistema de vida e de relacións que nos impón o capitalismo e o patriarcado, mellorando a nosa capacidade de acción política e militante para así transformar a realidade que nos tocou vivir.


Pensamos que aprender sempre é a mellor maneira de avanzarmos, construindo alternativas aos poderes que nos queren ignorantes e submisas.

Desta volta organizamos unha xornada de debate feminista o vindeiro luns día 2 de Marzo a partir das 20:00 horas na Cova da Terra (Rúa das Nóreas, 12. Lugo) na que abordaremos o debate recurrente sobre a necesidade de entrelazar loita feminista e de clase, co obxecto de repensar a transversalidade do feminismo, o sentido táctico das alianzas e o horizonte estratéxico no que axir, tentando contribuir na medida do posible a un debate hoxe moi vivo e que confronta distintos xeitos de entender o feminismo. Sen pretender conclusións inmutabeis, queremos abrir un espazo para a reflexión de cara a como articular as nosas accións tácticas e a nosa loita estratéxica como feministas e revolucionarias.

O feminismo ensínanos permanentemente a necesidade de aprender unhas das outras, de escoitar para analisar, cuestionar e transformar aquilo que nos somete. Por iso, convidámosvos a compartir esta xornada de reflexión e debate, para continuar, máis fortes, a nosa loita feminista e antipatriarcal.

Podes descargar os textos do debate aquí.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.