1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

feminismogalizaGaliza - Diário Liberdade - O movimento feminista galego vem de convocar umha manifestaçom nacional unitária que se celebrará em Compostela.


Coincidindo com o Dia Internacional da Mulher Trabalhadora, o ato partirá às 12h00 da estaçom de comboios da capital galega e decorrerá sob a legenda "Feminismo para avançar juntas numha mesma luita".

A Assembleia Feminista Galega anunciou que haverá autocarros desde Vigo com saída às 10h00 da Praça dos Cavalos e preço de 7 euros.

Reproduzimos a seguir o manifesto unitário feito público polo feminismo galego:

RESISTIMOS E LOITAMOS

Neste 8 de marzo mulleres diversas e comprometidas ocuparemos xuntas novamente as rúas para continuar o proceso da loita e reivindicacións feministas polos nosos dereitos.

Estamos nun dos momentos históricos de maior ataque aos dereitos das mulleres. A dereita está a atacar os piares básicos dunha sociedade verdadeiramente democrática.

A avalancha de recortes económicos e políticas de axuste e restricións de dereitos co pretexto da crise son unicamente unha escusa para dar outra volta de porca cara ao reforzo e fixación cada vez máis voraz do sistema patriarcal, que ve as portas abertas para destruír o conseguido pola loita feminista.

A lista é esmagadora: os cortes na saúde e na asistencia á dependencia, a precariedade dos postos de traballo, a privatización do público, a reforma laboral e da lei de educación... son medidas que provocan o aumento da feminización da pobreza e intensificación dos valores represores sobre a nosa autonomía.

Exclúese a lesbicas e a mulleres soas dos tratamentos de reprodución asistida na sanidade pública.

Preténdese modificar a vixente Lei de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo cuestionando a capacidade das mulleres mozas, para tomar decisións sobre a súa propia vida. As mulleres somos responábeis para tomarmos decisións sobre a nosa maternidade!

O tema da relixión na escola pública e a exclusión da educación sexual e reprodutiva busca estabelecer un modelo xa caduco, o de mulleres obedientes e submisas.

O movemento feminista galego fai un chamado á insurrección e á insubordinación contra calquera intento de voltarmos ao pasado, contra todas as decisións que visan manter ás mulleres como seres subordinados, contra calquera intento de regresión sobre os nosos dereitos.

NIN UN PASO ATRÁS, NON O IMOS CONSENTIR


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.