1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

220215 horroresGaliza - AKN - As Xornadas 'Corpos, Sexualidades e Identidades Diverxentes' afondan no xeito en que formamos as nosas identidades sexuais, propondo unha vía horizontal que se afaste da hexemonía heteronormativa.


Queremos transcender o xénero e camiñarmos cara a súa destrución. Queremos revolucionarmos o concepto de normalidade, amosando a monstruosidade daquelo que nos é tan habitual e reivindicando a lexitimidade diso que a sociedade marca como anti-natural, feo ou desviado. Pensarmos na identidade sexual lonxe do imaxinario xenitalista, achando novas corporiedades posmodernistas. Chamamos a revolucionar o concepto do suxeito político do feminismo de man do postfeminismo e o queer, por medio dunhas propostas que vencellen a teoría coa práctica e a arte.

Para isto, contaremos coas charlas d@s escritor@s Teresa Moure e Antón Fernández de Rota, e haberá mesas redondas, presentacións literarias, dinámicas de participación de corpos e situacións, monólogos, proxeccións, performances, timba poética e música ao vivo.

Mais como amamos o espectáculo, queremos vencellar a teoría coa arte, mediante un cabaret circense que chamamos O SEXO DOS HORRORES, un freak-show performativo que invite á reflexión dende unha óptica máis artística e provocadora, e que podedes consultar aquí de que se trata.

Contamos coa vosa asistencia e pedimos difusión!

Programa:

Venres, 27 de Febreiro

-18:30- Apertura do Centro Social

-19:00- Presentación das Xornadas e Dinámica 'Desmecaniza o Corpo' a cargo de Bea Pires

-20:00- Charla de Teresa Moure 'A desestabilizar o xénero: Teoría queer como subversão'

23:00- Actauacións libres: Monólogos + Timba Poética + Cubo Performativo + Proxeccións de Posporno

cartaz-sexo-dos-horroresSábado, 28 de Febreiro

-12:00- Apertura do Centro Social e Almorzo

-12:30- Dinámica 'Sexo e Diversidade Funcional'.

-14:30- Xantar vegano

-16:00- Charla de Antón Fernández de Rota 'Sexo e monstruosidade. Unha xenealoxía da policía do sexo', editado por Axóuxere.

-17:30- Xogos: O sexo Cego + Os Dados Eróticos

-19:00- Obradoiro de Xoguetes Eróticos

-20: 30- Cabaret circense 'O SEXO DOS HORRORES' + Performace d'As Gatas Salvaxes

-22:30- Ceador vegano

-23:30- Concerto de Transxenéricas (Compostela)

Domingo, 1 de Marzo (Xeira de Reflexión)

-12:30: Almorzo

-13:30: Mesa redonda e mural de libre expresión


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.