1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

globosportoGaliza - SLG - Comunicado do SLG e Vía Campesina no Día Internacional contra a Violencia exercida sobre as Mulleres:


Foto do SLG: liberación simbólica de globos con mensaxes que mulleres da Vía Campesina fixeron onte, 24 de novembro, en Porto, no transcurso do seminario "Os desafíos e as loitas das mulleres da Vía Campesina no mundo"

"Hoxe, 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia exercida sobre as Mulleres, o Sindicato Labrego Galego e a Vía Campesina denunciamos a violencia estrutural que as mulleres afrontan de xeito cotián e que vén sendo sistematicamente silenciada, naturalizada e invisibilizada pola sociedade capitalista e patriarcal.

En 2008, na súa 5ª Conferencia, a Vía Campesina lanzou a Campaña Mundial “Basta de Violencia contra as Mulleres”, como un chamado urxente que buscaba provocar unha mudanza social, cultural e política, nas aldeas, nas comunidades e nas organizacións, e que tamén desafía a sociedade como un todo a construír unha nova cultura para superar relacións de desigualdade entre homes e mulleres.

A violencia e a opresión contra as mulleres vén de sociedades pre-capitalistas. Porén, foi no capitalismo onde a violencia política, económica, física e psicolóxica se agudizou. Hoxe, a violencia contra as mulleres pasa por todas as clases sociais, xeracións e orientacións sexuais, e é vivida por mulleres tanto nas cidades como no campo.

Para a Vía Campesina, a violencia sufrida polas mulleres no mundo rural hoxe relaciónase directamente co agronegocio e o modo de produción capitalista, que explota e espolia as labregas, que historicamente son aquelas que garanten a Soberanía Alimentaria dos Pobos e que son as gardas dos saberes ancestrais, tanto no que se refire á produción de alimentos, como á conservación da biodiversidade.

O agronegocio é a estratexia do capital patriarcal no campo e descoñece o papel fundamental das mulleres na agricultura labrega. As políticas de axustes neoliberais está a espallar as condicións de opresión e discriminación, así como o aumento das situacións de violencia contra as mulleres no campo.

Hoxe, 25 de novembro, convocamos a tódalas mulleres do mundo a un día de mobilización e denuncia, desafiándonos a afondar nos xeitos de resistencia e de loita para romper definitivamente co silencio imposto pola hipocrisía capitalista e patriarcal, co obxectivo de solidificar novas relacións humanas.

O noso proxecto político como Vía Campesina é o de construír unha nova visión de sociedade, baseada en principios de respecto, igualdade, xustiza, solidariedade, paz e liberdade, que están relacionadas coa loita pola terra, pola auga, polas sementes, pola reforma agraria integral, por unha Soberanía Alimentaria con xustiza de xénero e pola dignidade da poboación no campo.

SEMENTADORAS DE LOITAS E ESPERANZAS,
POLO FEMINISMO E POLA SOBERANÍA ALIMENTARIA!"


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.