1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

13591973323 9258d560df zGaliza - Amnistía Internacional - En todo o mundo as persoas son coaccionadas, castigadas e discriminadas á hora de tomar decisións sobre o seu propio corpo, a súa sexualidade e a súa vida reprodutiva, especialmente as mulleres e as nenas.


Foto de Mídia Ninja (CC by-nc-sa/2.0) - Manifestação em São Paulo (Brasil)

Os datos son contundentes: cada ano, cincocentas mil mulleres morren por complicacións derivadas do embarazo e o parto, o 95% en países en desenvolvemento. Case todas poderíanse ter salvado coa atención médica adecuada. Morren no medio de terribles dores nas súas casas, intentando chegar ao centro de saúde, ou nun hospital ao que chegaron demasiado tarde, ou onde non recibiron a tempo o tratamento que necesitaban. Estas mortes son reflexo do ciclo de abusos contra os dereitos humanos que define e perpetúa a pobreza: privacións, exclusión, inseguridade e falta de voz. As mulleres morren debido á pobreza, a inxustiza e a ausencia de poder nas súas relacións de parella, nas súas familias e nas súas comunidades. Máis dun millón de nenas e nenos quedan orfas/os de nai cada ano. Cando unha muller morre, a súa familia empobrécese aínda máis.

Os responsábeis desta situación son os estados que intentan controlar a sexualidade, a expresión de xénero e a reprodución. Violan os dereitos sexuais e reprodutivos mediante leis e sancións penais ou permiten que outros os violen. Historicamente, os estados e os poderes que os sustentan, así coma as organizacións relixiosas en todo o mundo pretenden controlar os dereitos sexuais de homes e mulleres a través de leis inxustas e do control emocional e psicolóxico, tratando ás persoas como incapaces, infantís e como obxecto de uso para os seus intereses económicos e de poder social.

Consideramos o dereito á vida como un proceso continuo que debe garantir a capacidade de desenvolvemento persoal e o acceso a cubrir as necesidades mínimas para unha vida plena ao longo do tempo vital. A vida non é so nacer, senón poder manter esa vida con dignidade ao longo do máximo tempo posible. Non ten sentido nacer para ser explotado, torturado, martirizado, violado, escravizado, pasando fame e frío e sen perspectivas de futuro.

Debemos rebelarnos contra toda a hipocrisía e incoherencia política e relixiosa que encobre e xustifica leis e comportamentos inxustos que atentan contra a liberdade e a dignidade persoal e os dereitos humanos das persoas, e moi especialmente das mulleres. Por iso Amnistía Internacional quere esixir aos estados que respecten, protexan e fagan realidade os dereitos sexuais e reprodutivos para todas as persoas e aborden a discriminación que perpetúa a violación destes dereitos. O estado debe absterse de controlar e penalizar os dereitos sexuais e reprodutivos das persoas, e debe intervir protexendo a quen ve ameazados estes dereitos por ataques e actitudes individuais ou comunitarias.

No caso do Estado español, o reto fundamental que debe acometer sen dilación é garantir a implementación efectiva do establecido na Lei Integral contra a Violencia de Xénero e paliar os baleiros legais detectados en materia de xustiza e reparación.

Concretamente, Amnistía Internacional recomenda:

- Desenvolver procesos de avaliación das medidas establecidas na Lei Integral, entre elas o funcionamento dos Xulgados de Violencia, acordes cos parámetros internacionais, e facer públicos os seus resultados.

- Garantir a especialización do persoal xudicial que accede a estes xulgados.

- Asegurar que o Proxecto de Lei Orgánica do Estatuto da Vítima do Delito aborda de forma adecuada a situación das mulleres vítimas de violencia de xénero e mellora a súa protección e a súa reparación.

- Promover mecanismos legais para garantir o dereito das vítimas de violencia de xénero e os seus familiares a unha reparación xusta e adecuada, tamén no caso de que haxa falta de dilixencia por institucións ou axentes do Estado.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.