1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

Movimiento feministaGaliza - PGDA - A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, co gallo da celebración do Día contra a Violencia de Xénero, quere manifestar públicamente o seu apoio a todas e cada unha das accións promovidas polas organización e entidades feministas para conmemorar esta data tan relevante na defensa dos dereitos e liberdades das mulleres.


Foto PGDA

Asi mesmo, a Plataforma quere destacar o esforzó e traballo desenvolvido polo movemento feminista galego na loita contra a violencia de xénero  nestes momentos nos que, ademais, os dereitos e liberdades das mulleres no seu conxunto están sendo atacados, vulnerados e cercenados por un Partido Popular tremendamente machista e retrógado.

De feito, xa tivemos ocasión de constatar a súa ideoloxía ultraconservadora coa pretendida contrarreforma da Lei do Aborto que finalmente as mulleres logramos parar – e mesmo fixemos historia conseguindo a dimisión do ministro Gallardón-,  e na actualidade seguimos en alerta porque a Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva e da IVE de 2010 está recorrida polo PP e pendente de resolución no Tribunal Constitucional e, a maiores, o Goberno do Estado xa anunciou que vai deixar ás mozas de 16 e 17 anos fóra desta norma que garante o dereito ao aborto cunha modificación da Lei que pretende aprobar antes de que remate este ano.

Polo tanto, a Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto seguirá coa mesma intensidade que ata o de agora nesta loita e respaldará todas aquelas reivindicacións que teñan como obxectivo a defensa dos dereitos  e liberdades  das mulleres, como é o caso do 25 de novembro, unha data especialmente importante polo que se reivindica.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.