1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

161114 viGaliza - Marcha Mundial das Mulheres - A Marcha Mundial das Mulleres na Galiza queremos amosar a nosa indignación ante o contido da nova publicada o pasado xoves 16 de outubro nos medios de comunicación, referida á petición por parte da fiscalía, a unha condena de 10 meses de prisión a unha muller nai de dous fillos, así como ao internamento dos nenos nun centro de menores por non facilitar as visitas ao seu pai ao que ela tiña acusado de pederastia.


Acusación de pederastia da que no seu momento saíu absolto, xa que o informe achegado polos técnicos do IMELGA (Instituto de Medicina Legal de Galicia) , concluíu no seu informe que estes estaban influenciados pola súa nai a quen consideraban desequilibrada.

Denunciamos a pouca ou nula especialización no trato a nenos e nenas, a non esixencia de formación en violencia contra as mulleres dos técnicos do IMELGA, requisito, para nos imprescindible, se esta sociedade quere prestar a protección e atención precisa a crianzas e mulleres.

Denunciamos que na inmensa maioría destes casos e salvo que haxa unhas probas moi evidentes (desgarros, hematomas, etc), todas as institucións implicadas: técnicos, xuíces, fiscais, tenden a culpabilizar a priori ás mulleres.

É isto violencia contra as mulleres?? Rotundamente si.

Definitivamente casos coma este constitúen violencia contra as mulleres exercida a traverso dos fillos e fillas. Non é a primeira vez que atopamos casos de homes que ameazan, e o peor se cabe, cumpren a ameaza de facer dano aos seus propios fillos para ferir á muller. Temos visto, por desgraza, demasiados casos. Isto evidencia, unha vez máis, que seguemos a vivir e soportar un sistema patriarcal que tende unha e outra vez a culpabilizar á muller, a supor que minte sistematicamente, a esixirlle probas máis alá do razoable.

É violencia machista por parte do sistema obrigar a unha muller convencida do dano que van a sufrir os seus fillos ou fillas por parte do seu pai e ter que deixalos ir con el.

É violencia machista exercida polo sistema ameazala de que se non obedece será duramente castigada con penas de prisión ou o que é peor co alonxamento e internamento das súas crianzas para "reeducación".

Non en van o Comité de Nacións Unidas para a Eliminación da Discriminación contra a Muller (CEDAW), condenou ao Estado español por non actuar de forma dilixente para evitar a violación dos dereitos de Ángela González, muller vítima de violencia de xénero, e os da súa filla, a quen acabou asasinando.

É por todo isto que esiximos do Goberno, da Administración de Xustiza e de todas as Administracións un cambio nas actuacións e atención de crianzas e mulleres para que dende as Institucións se deixe de exercer violencia contra nós.

Declaração de solidariedade da Marcha Mundial das Mulheres da Europa com as mulheres curdas em luta


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.