1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

mulheresaudiovisualGaliza - LEG - Cantas directoras de cinema coñeces? Cantos programas de televisión ou radio son realizados por unha muller? A cantas mulleres viches cunha cámara no ombro?


No audiovisual galego os cargos principais son liderados por homes, mentres que as mulleres son relegadas a cargos servizais. Isto sucede con máis evidencia nos cargos laborais máis altos, como se un teito de cristal impedise seguir avanzando a carreira laboral das mulleres, manténdonos a todas na base da pirámide económica. Este non é o único problema co que temos que lidiar. Desde faltas de respecto, pasando por deslexitimacións por “falta de forza”, até unha constante opresión por parte do patriarcado establecido no sector audiovisual.

Como mulleres, temos que rachar con esta situación, empoderarnos e loitara diario de xeito organizado para lograr unha igualdade de oportunidades e dereitos, e para poder acceder a un futuro laboral digno.

É por todo isto que desde a Liga Estudantil Galega organizan a palestra A muller no audiovisual galego na que intervirá a directora de TV Marta Piñeiro, que terá lugar o xoves 13 de novembro ás 12h no Salón de Graos da Facultade de CC.SS. e da Comunicación de Pontevedra.

Palestra na Casa das Campás de Pontevedra

O xoves 13 de novembro ás 19h proxéctase na Casa das Campás o documental "Digna rabia", unha obra que recolle a dobre opresión, a ideolóxica e de xénero, que padeceron 27 mulleres durante a Guerra Civil e a dictadura franquista. Trala proxección da peza celebrarase un coloquio coa paticipación da súa directora María Victoria Martins. Este acto está enmarcado dentro da campaña ‪"concienciación feminista"‬ que a LEG leva a cabo este mes no campus.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.