1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

hildegartGaliza - Ateneu Ferrolano - A figura de Hildegart Rodríguez Carballeira é unha das máis coñecidas da nosa historia contemporánea. Sobre a súa persoa teñense feito películas, novelas, obras de teatro e numerosos libros e traballos de investigación


 

Foto de Cultura Galega - Hildegart

En todo o que se ten feito sobre ela paira a sombra do seu tráxico fin e as circunstancias do asesinato pola man da súa nai, a ferrolá Aurora Rodríguez Carballeira; como consecuencia, a súa traxectoria vital e o seu pensamento no eido da reforma sexual ou da crítica política, ficaron en parte ocultos. Cen anos despois do seu nacemento, o Ateneo Ferrolán tenta lembrar á Hildegart sexóloga, xornalista, activista política ou feminista, coa celebración dunha serie de actos de homenaxe e un congreso de investigación que poña en valor a súa figura histórica e o seu pensamento, todo o lonxe que sexa posible do sensacionalismo e da superficialidade.

O cerne do Congreso é o chamamento ás investigadoras e investigadores para contribuir cos seus traballos a este comicio, que artellamos arredor dalgúns dos temas que están presentes na obra de Hildegart Rodríguez Carballeira e tamén sobre o contexto no que desenvolveu a súa actividade:

  • A figura histórica de Hildegart Rodríguez Carballeira

  • Hildegart e a reforma sexual no primeiro tercio do século XX

  • Hildegart e a oposición de esquerdas na II República

  • As mulleres do tempo de Hildegart

  • O conxunto dos traballos de investigación presentados e aceptados polo comité científico do Congreso serán obxecto de presentación pública nos días 6 a 8 de decembro de 2014 e serán publicados nas actas do Congreso.

    A celebración do Congreso estará complementada por outras actividades como exposicións, debates, cine e teatro, así como a celebración dun acto público de homenaxe á figura de Hildegart Rodríguez Carballeira. Tamén vanse facer publicacións e estamos preparando unha páxina web sobre o Congreso e sobre Hildegart (http://congresohildegart.ateneoferrolan.org/).

    O conxunto de actividades do Congreso quere servir para achegar ao público de todo o mundo á historia e ao pensamento dunha das mulleres máis destacadas da nosa historia: Hildegart Rodríguez Carballeira. E malia fixar o obxectivo nunha única persoa, o Congreso quere contribuir de xeito xeral á recuperación da historia do pensamento feminino e dos movementos da liberación da muller no século XX.

    O Ateneo Ferrolán convida a todolas investigadoras e investigadores que traballaran algún aspecto da historia e do pensamento de Hildegart, así como os temas nos que ela desenvolveu a súa actividade, a compartir os seus coñecementos co público en xeral e coa comunidade investigadora, para tentar recuperar e divulgar a figura de Hildegart Rodríguez Carballeira e o seu pensamento. A data límite para presentar propostas de traballos para exponer no Congreso é o 15 de setembro.

     


    Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

    Microdoaçom de 3 euro:

    Doaçom de valor livre:

    Última hora

    Publicidade
    Publicidade
    first
      
    last
     
     
    start
    stop

    Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

    Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

    Desenhado por Eledian Technology

    Aviso

    Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

    Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

    Clique em uma das opções abaixo.