1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

181014 auGaliza - Sermos Galiza - Após un ano do seu lanzamento á rede, Irmandade TV encara unha nova etapa através dun proceso de capitalización.


Aurélio Lopes é o director do Debate e unha das persoas que impulsaron Irmandade TV. Após un ano do seu lanzamento á rede, e convertida en asociación, Irmandade TV encara unha nova etapa através dun proceso de capitalización co que dotaren de medios económicos, materiais e humanos este proxecto audiovisual. O seu obxectivo é procurar unha maior "profesionalización" e introducir "unha programación semanal".

Como enceta Irmandade TV esta nova etapa?

Durante este primeiro ano, estivemos a pór en marcha O Debate. De maneira moi voluntaria, con poucos medios e cun formato semanal. Neste nova etapa imos dirixirnos cara á un traballo máis profesional e para iso foi preciso converternos en asociación e lanzarmos --nos vindeiros días-- unha campaña de capitalización.

En que consistirá?

Estamos a manter reunións con distintos colectivos, organizacións e persoas que acreditan na necesidade de que Galiza conte cunha televisión nacional. O que propomos a moreas de galegos e galegas é que se fagan propietarios dunha parte de Irmandade TV se gostaron do que viron até o momento. Non pedimos diñeiro para o puir, senón para termos mellores medios e máis profesionais. Nesta nova etapa haberá, de novo, moito traballo voluntario mais coidamos que é precisa máis profesionalización e para iso precisamos recursos. Poderanse mercar participacións que irán dos 100 euros até o que quixer cada quen. Arredor do mes de novembro convocaremos a todas esas persoas a unha asemblea na que deseñaremos o plan de traballo para este ano.

Que novidades atoparemos?

Queremos desenvolver unha programación semanal con máis contidos e novos formatos, mesmo estamos a traballar na posibilidade de emitirmos através de televisións locais algúns dos programas. Eses contidos dependerán de se culminamos ou non os obxectivos da campaña de capitalización, mais haberá un programa dedicado aos deportes, continuaremos co debate político-social, introduciremos programas enlatados [pre-gravados], un magazine de actualidade e, as sextas feiras, cinema. Aliás, de conseguirmos os obxectivos, teriamos un informativo diario.

Novos formatos?

Si, a nosa idea é chegarmos á radio. Coidamos que isto enriquecería o proxecto. Mais dependerá de como fechemos en Novembro. Aliás, queremos alimentarnos conxuntamente con outros proxectos máis locais, estabelecer sinerxias e colaboracións que nos acheguen recursos materiais e humanos, e nós a eles. Este é un proxecto dunha forte vertente militante.

Por que é precisa en Galiza unha iniciativa como Irmandade TV?

Nestes momentos non existe unha opción para entreter en galego, nen un medio audiovisual que se basee na idea de que non se pode comprender Galiza sen todos eses proxectos, mulleres e homes, que están silenciados nos grandes medios. Neste senso xa foron nacendo outros proxectos nos últimos anos, mais en soportes diferentes aos de Irmandade TV. Cremos que é preciso traballarmos no terreo audiovisual cunha liña editorial clara, asentada nos principios de auto-organización --por iso cremos na necesidade dunha televisión propia-- e a defensa da lingua. Aliás, neste país hai moita creatividade e nós queremos amosar toda esa cultura audiovisual que se foi desenvolvendo ao longo destes anos. Dentro dun tempo, gostaríamos de estar competindo con outros proxectos como unha iniciativa privada que responda aos intereses destes sectores da sociedade. Irmandade vén para se sumar a esoutros medios xa existentes.

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.