1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

181110_umiaGaliza - O Fervedoiro - O vindeiro sábado día 20, da man da Asociación O Fervedoiro, vivirase na vila do Baño (Cuntis) un día totalmente vinculado coa defensa dos nosos ríos, das nosas augas e, en xeral do medio ambiente.


(LIMPEZA do RÍO GALLO) Comezarase pola mañá, a iso das 11:00 horas, no río Gallo ao seu paso contorna da rúa Xohán Xesús González para, un outro ano máis, poñérmonos as botas e colaborar na limpeza do cauce deste afluente do Umia. Até alí dirixiranse varios/as voluntarios/as e extraerán residuos sólidos contaminantes ou que deban ser retirados, de acordo co protocolo de actuación que se recomenda realizar dende o Proxecto Ríos. Colabora para este fin o Núcleo de Sostibilidade do Concello de Cuntis, da man do seu responsábel Jorge.

(MESA INFORMATIVA SOBRE O UMIA) Xa que agora diversas agrupacións políticas da administración caldense xa se posicionaron sobre a problemática da situación do Umia, como así mesmo paralelamente o fixeron no Parlamento Galego, O Fervedoiro que colaborar coa realización dun acto referido a este asunto que a todos/as nos debera preocupar, ou cando menos ser de interese. Así logo, ese mesmo día e pola tarde, a Casa da Cultura Roberto Blanco Torres de Cuntis, acollerá a partir das 19:30 horas unha mesa informativa e de opinión sobre a situación na que se atopa, arestora, o río Umia. Organizado polo Fervedoiro, contará este acto coa participación de diversos colectivos e persoas que explorarán, dende diversas ópticas, o estado das augas deste río mercé da construción do Encoro da Baxe hai xa anos e a proliferación da cianobacteria microcystis areuginosa. A repercusión social e económica da construción desta presa; a existencia de augas moi contaminadas –non só pola acción da devandita bacteria–; os saneamentos e depuracións municipais da bisbarra de Caldas; a fraude e ilegalidade da construción do Encoro da Baxe; a fauna e flora que se nos está a roubar; e as "potencialidades turísticas" da contorna do devandito río serán varias da materias aquí a tratar.

Dende o colectivo Naturgalicia (www.naturgalicia.com) amosarásenos, por medio dun audiovisual, diversas especies animais e vexetais existentes nas beiras do Umia e ameazadas de desaparición, cando non desaparecidas algunhas delas en diversos tramos fluviais. Esta comunicación será pronunciada por Damián Porto Rico, que xunto con Antonio Barbeito e Francisco Azurmendi, teñen colaborado por medio de artigos e fotografías en prestixiosas revistas como Quercus.

Da man dun veciño do lugar da Hervés (Troáns – Cuntis) falarásenos do día a día ao lado da presa, e da repercusión social e económica que supuxo para a toda a comarca.

A Coordinadora Anti-Encoro de Caldas, Cuntis, Moraña, representada por Paloma Fernández –unha das persoas que máis se ten implicado e sabe sobre este asunto– abordará os aspectos legais que tivo a présa, aínda en pé, da Baxe. É dicir, farase memoria deses anos nos que unha comarca dixo non e un goberno dixo "encoro si".

Daniel López Vispo, en representación de ADEGA, achegaranos todo o que coadxuva a existencia da bacteria fecal que invade a zona do encoro e que se propaga río abaixo. Falarase da depuración destas augas para logo seren consumidas e do mantemento de tantas e tantas decantadoras, filtradoras e estacións depuradoras da zona que colaboran na proliferación deste organismo perigoso en maior ou menor medida para os seres vivos e, en particular, para os seres humanos.

Por último será Eva Villaverde, voceira da Asociación O Arrieiro quen nos dea conta da situación paisaxística, patrimonial e turística das zonas do Umia que pasan polos concellos de Caldas, Cuntis e Moraña. Dende esta óptica verase, así mesmo, todo ese espazo morto existente no río inviábel para a realización de roteiros de sendeirismo, visitas a muíños e outras construcións etnográficas e para a valoración do medio ambiente.

O acto, coordinado por un membro do Fervedoiro, busca espertar a conciencia social dos nosos ecosistemas, tantas veces degradados pola man corrosiva do home inconsciente, polo axente nocivo da aldraxe económica e polo incumprimento sistemático de normativas e lexislacións aprobadas por diversas administracións públicas. A hipocrisía que nos trae tantas veces o panfleto turístico é o resultado de diversas fraudes: maioritariamente políticas.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.