1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

vivenGaliza - Cineclube Compostela - Cineclube de Compostela comeza o mes de marzo, que vai estar dedicado á ciencia ficción, coa proxección, este mércores 2, de Viven (They Live, EUA, 1988), unha longametraxe de John Carpenter que critica o consumismo con doses de thriller e humor negro. A sesión terá lugar, como é habitual, no CS O Pichel (Santa Clara, 21) a partir das 21.30 horas.


John Nada, un operario sen teito, atopa traballo nunha obra da construción en Los Angeles. Acollido por un compañeiro nunha nun barrio de favelas, Nada descubre comportamentos estraños na igrexa próxima á cociña económica onde se alimentan. Alí atopa fortuitamente uns lentes que permiten ver as persoas no seu aspecto auténtico e descubrir as mensaxes ocultas na nosa sociedade.

Baseado nun relato de 1963 de Ray Nelson chamado As oito da mañá, Viven é, segundo Slavoj Žižek, “unha das obras mestras esquecidas do Hollywood de esquerdas, unha verdadeira lección de crítica da ideoloxía”. Cun orzamento limitado, Carpenter usa as estratexias habituais do cinema de ciencia ficción anticomunista da posguerra mundial para reinvertilas e construír unha feroz crítica ao consumismo no cerne da recesión económica estadounidense dos 80.

Con toques de filme de acción, o intelixente guión de Viven está ateigado de momentos e diálogos cómicos que favorecen o seu visionado. Como noutros dos seus títulos, Carpenter usa a cámara, dunha maneira sobria pero eficaz, tentando sempre que non destaque o dispositivo sobre a historia.

John Carpenter naceu en 1948 no estado de Nova York. Moi cinéfilo dende novo, era seguidor especialmente dos westerns de Howard Hawks e John Ford, e dos filmes de terror de serie B da década dos 50, e comezou a dirixir curtametraxes de terror en 8 mm xa antes de entrar no instituto. En 1968 ingresou na escola de cinema da Universidade do Sur de California, pero posteriormente abandonou estes estudos.

Tras participar en varias curtametraxes, dirixe a súa primeira longametraxe en 1974, Estrela escura, aínda que el mesmo ten declarado que considera que o seu verdadeiro primeiro filme é o seguinte, . Porén, Carpenter afirmou que considera que o seu primeiro filme realmente é Asalto a comisaría do distrito 13 (1976). Tras Halloween (1978), converteuse nunha icona do cinema de terror con filmes como A néboa (1980), Escape de Nova York (1981) ou A cosa (1982). A comedia Gran problema na pequena China (1986) non tivo o mesmo éxito comercial e relegou a Carpenter a filmes de menor orzamento, aínda que neste tempo dirixiu algúns filmes de culto como Viven. Tras Pantasmas de Marte (2001) inicia un retiro de case dez anos que rompeu en 2010 con A sala, o seu último filme.

A vindeira cuarta feira, 9 de marzo, o Cineclube continúa co ciclo sobre ciencia ficción con O home que caeu á terra (The Man Who Fell To Earth, Nicolas Roeg, Reino Unido, 1976). A mostra máis relevante de David Bowie como actor, este título surrealista conta a historia dun extraterreste que chega ao noso planeta nunha desesperada busca de auga.

O filme vai ser proxectado na súa versión orixinal con subtítulos en galego. A entrada é de balde, e pódese adquirir un bono axuda para colaborar co Cineclube. O Cineclube tenta ser unha asociación autoxestionada, polo que para manter o noso funcionamento, propoñemos unha achega económica persoal, cunha cota mensual de 5 euros para traballadoras e de 3 para estudantes e paradas.

MARZO 2016

Mércores 2 de marzo ás 21:30 no Pichel
Viven
(They Live, John Carpenter, EUA, 1988, 94’, VOSG)

Mércores 9 de marzo ás 21:30 no Pichel
O home que caeu á terra 
(The Man Who Fell To Earth, Nicolas Roeg, Reino Unido, 1976, 139', VOSG)

Mércores 16 de marzo ás 21:30 no Pichel
Cinco
(Five, Arch Oboler, EUA, 1951, 93’, VOSG)

Mércores 30 de marzo ás 21:30 no Pichel
Sesión de curtametraxes mudas de ciencia ficción
A viaxe a través do imposible (Le Voyage à travers l'impossible, Georges Méliès, Francia, 1904, 20’)
O hotel eléctrico (El hotel eléctrico, Segundo de Chomón, España-Francia, 1908, 7’)
Piratas de 1920 (Pirates of 1920, David Aylott / A.E. Coleby, Reino Unido, 1911, 17’)
O home mecánico (L'uomo meccanico, André Deed, Italia, 1921, 26’)
Musicada en directo por Lois Carlín


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.