1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

65e43a45 3e8b 4be3 8d62 6eab18def5baGaliza - EB - Os concertos de Fee Reega, Autotan, Rodrigo Cuevas, Thee operators e Bobkat'65 distribuiranse entre os locais do Embora, a Casa das Crechas e o Cachán Clube.


Desconcierto Cultural encherá Compostela este sábado de música e gastronomía asturiana no #PrimosHermanos

Os concertos de Fee Reega, Autotan, Rodrigo Cuevas, Thee operators e Bobkat'65 distribuiranse entre os locais do Embora, a Casa das Crechas e o Cachán Clube.

Os abonos están esgotados e apenas quedan 20 entradas para os concertos que terán lugar no Cachán Clube.

A cantautora alemá afincada en Asturias, Fee Reega, e o grupo power-pop Thee Operators serán dous dos protagonistas do festival Primos Hermanos, que terá lugar este sábado 20 de febreiro en Santiago de Compostela.

O evento, organizado pola asociación sen ánimo de lucro Desconcierto Cultural, completa o seu cartel conformado exclusivamente por artistas asturianos coa participación da banda soul-rock Autotan, o grupo de garage Bobkat'65, e o cabaré vangardista de Rodrigo Cuevas.

Todas as actuacións se distribuirán nos locais composteláns do Embora (Rodrigo Cuevas), a Casa das Crechas (Autotan e Fee Reega) e o Cachán Clube (Bobkat'65 e Thee Operators). Tamén se celebrará un xantar de confraternidade galego-asturiana no restaurante Resas.

Os abonos para poder asistir a todos os concertos xa están esgotados dende fai máis de un mes, pero ainda hai dispoñibles entradas soltas para os concertos no Cachán Clube. Pica nesta ligazón para mercalos.

Do mesmo xeito, as reservas para o xantar de irmandamento no Restaurante Resas están esgotadas, pero ainda te podes apuntar ao duelo de Cantigas vs Tonadas que hai preparado para a sobremesa, no que aprendices de trobadores, xograres frustrados e tenores tabernarios están convocados a participar. Ben a valente título individual, ou protexido dentro dun confortable grupo, podes apuntarte a través desta ligazón.

O festival terá unha segunda cita o próximo 5 de marzo en Oviedo que, nesta ocasión, estará protagonizada por artistas e grupos galegos. En concreto, desprazaranse á comunidade veciña diola, Os amigos dos músicos, Músculo!, Malandrómeda e Lengorón. Na capital ovetense contarase coa colaboración dos locais La Lata de Zinc e La Salvaje e as entradas ou abonos pódense mercar aquí.
Podes descargar a nota de prensa con información completa en galego, asturianu e castelán, picando aquí, e descargar imaxes en alta resolución picando aquí.

¿Que é Primos Hermanos?

O festival Primos Hermanos xorde do agarimo e simpatía que comparten as comunidades galega e asturiana. Deste xeito, búscase establecer un intercambio cultural, centrado na música independente, entre ambos os territorios.
Ademais, tanto en Santiago como en Oviedo, celébrase unha comida de irmandamento baseada na gastronomía galega e asturiana, respectivamente, seguida dunha prolongada sobremesa. Nese momento, realizaranse outras actividades complementarias e, tamén, intercambiaranse posturas respecto do estado da escena musical nas dúas autonomías.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.