1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

HemerotecaGaliza - Ateneu Ferrolano - Dende o ano 1989 está considerada “BIBLIOTECA DE TITULARIDADE PRIVADA DE ESPECIAL INTERESE PARA GALICIA”.


E dende o ano 1996 (Orde do 21.10.1996) está “INTEGRADA NA REDE DE BIBLIOTECAS DE GALICIA”.

Ferrol ao longo da súa historia destacou polo seu interese pola prensa e desde o século XIX foi unha das cidades nas que o xornalismo e a prensa máis variada, desenvolvéronse dun xeito máis destacado. Nós continuamos con esa tradición e a hemeroteca do Ateneo conserva exemplares únicos de prensa local desde o século XIX.

O Ateneo Ferrolán, é unha institución sen ánimo de lucro, de carácter cultural, que desenvolve a súa actividade dentro do ámbito de Galicia, pero cunha proxección máis ampla, e cunha clara vocación de ser un lugar onde atopen cabida todas as opinións e expresións artísticas, enlazando co espírito dos ateneos decimonónicos, nos que temos a nosa orixe.Esta biblioteca-hemeroteca está composta na actualidade por máis de 10.000 volumes, no seu fondo bibliográfico, fondos de carácter xeral, pero que fan especial incidencia nos temas relacionados coa cidade de Ferrol, e con todo o referido á arte, a historia, a literatura e a cultura de Galicia. Pero a parte máis sobresaínte é a hemeroteca.

hemeroteca do Ateneo Ferrolán conta na actualidade con ± 500cabeceiras de prensa. Divididas en revistas e prensa diaria; tanto en coleccións pechadas como abertas; esta prensa é de ámbito internacional, pero desde logo, a súa parte máis importante é a prensa local.

A destacar:

  • EL OBRERO - 1932-1936
  • EL RADICAL - 1935
  • LA DEMOCRACIA - 1891
  • DIARIO FERROLANO 1904-1913
  • FARO DE FERROL - 1914
  • EL ECO FERROLANO - 1866
  • GALICIA - 1885
  • LA LUCHA - 1920
  • IR - Principios do século XX

Outra das características da Biblioteca-Hemeroteca do Ateneo, é que malia ser unha entidade de titularidade privada está considerada de especial interese para Galicia e é unha biblioteca aberta ao público en xeral.O Ateneo Ferrolán ven realizando ininterrompidamente, dun xeito gratuíto e público, dende o ano 1983 o seu servicio de Biblioteca-Hemeroteca, sendo a ÚNICA HEMEROTECA de Ferrol e Comarca, coa atención especializada dun Licenciado, que inclúe as seguintes prestacións:Servicio Público: 900/1000 horas anual:

  • Lectura/Consulta de Fondos.
  • Lectura e Fotocopiado de Microfilmes e Microformas
  •  Servizo de Reprografía.
  • OPAC
  • Información Bibliográfica
HEMEROTECA
Colección única e completa do FERROL DIARIO-EL NORTE.Subscrición diaria a Diario de Ferrol, La Voz de Galicia, El Pais, Faro de Vigo, El Correo Gallego, Galicia Hoxe (colección pechada), A Nosa Terra (colección pechada), El Mundo, La Opinión, ABC, Público.Dende o ano 1977, mantemos as coleccións completas para o servicio público e gratuíto de: La Voz de Galicia, El Ideal Gallego,El Correo Gallego, O Correo Galego, A Nosa Terra, El Pais, Diario 16 de Galicia, O Comarcal. Iniciando as coleccións deGalicia Hoxe, La Opinión, Diario de Ferrol.
ESPECIALIZACIÓN de fondos de temática galega e propios de Ferrol e comarca. Anualmente mantén un convenio coa UNIVERSIDADE DA CORUÑA - CAMPUS FERROL para que na nosa biblioteca realicen prácticas os alumnos e alumnas da ESCOLA DE BIBLIOTECONOMÍA.As institucións, máis destacadas, coas que habitualmente mantemos contacto e intercambio de publicacións son :
  • Xunta de Galicia
  • Concello de Ferrol
  • Revista de Estudios Mindonienses de la Diócesis Mondoñedo - Ferrol
  • Club de prensa de FerrolCírculo Filatélico de Ferrol
  • Concello de Pontedeume
  • Concello de Betanzos
  • Fundación Pedro Barrié de la Maza (A Coruña)
  • Archivo del Reino de Galicia
  • Deputación Provincial de A Coruña
  • Fundación Eugenio Granell
  • Instituto Ramón Piñeiro (Santiago)
  • Centro Dramático Galego
  • Asociacións de Ferrolterra e Galicia
  • Concello de Neda
  • Institucións públicas Galegas e Estatais

Tamén hai algunhas editorias que realizan donacións como: Embora, Toxosoutos ou Librería del Campus.

É importante sinalar que tamén se reciben donacións de particulares.

  • “Mundo” e “Bazán”.
  • “Socialista”.
  • ABC.
O Ateneo Ferrolán, a través da biblioteca, colabora noutras actividades que se basan na cesión dos seus fondos hemerográficos; exemplos:
  • Diario de Ferrol : Co que colaborou cedendo “Ferrol Diario” para a seccción “hace 25 años”.
  • Editorial Embora : Á que se lle facilitou a prensa para a elaboración do seu “Anuario”.
  • UGT : Ós que cedeu exemplarres de ABC dos anos 20 para unha exposición homenaxe a Pablo Iglesias. 

No nacemento de EL CORREO GALLEGO: Ferrol entre dous séculos 31.07.2008. A cidade naval celebra os orixes da cabeceira, nacida en 1878. O ATENEO FERROLÁN nacía en 1879.

Na Hemeroteca temos 500 cabeceiras de Periódicos diferentes e 332 títulos de Revistas, entre as que se poden destacar algunhas cabeceiras de prensa:

  • “A Nosa Terra”, colección completa e pechada dende 1907.
  • “El Obrero” (1932 - 1936), encadernado e máis en microfilme.
  • “La Voz de la CONS” (1937), en microfilme.
  • “Fuero” (1938 - 1939), en microfilme.
  • “Ferrol Diario” (Colección completa encadernada).
  • “El Ideal Gallego”, encadernado, desde 1977.
  • “La Voz de Galicia”, desde 1977 (microfichas, desde 1991).
  • “El Correo Gallego”, desde 1980 (microfichas, desde 1991).
  • “El País”, desde 1981 (microfichas, desde 1991).
  • “O Correo Galego”, desde 1994.
  • “El Mundo Obrero” - Cesión do PCG de Ferrolterra
  • “Le Monde Diplomatique” - Cesion dun socio.
  • “Galicia Hoxe”. Colección completa e pechada.
Ademais existen diferentes periódicos editados no século XIX e principios do XX, como :
  • “La Descripción del Reyno de Galicia". (Juan de Molina, ano 1551).
  • “La Ilustración". Editado en Madrid, no ano 1851.
  • “La primera enseñanza”. (Revista de 1862 - 1863).
  • Prensa europea
  • Prensa americana

No ano 2008 o Ateneo Ferrolán e a Fundación Pedro Barrié de la Maza asinan un convenio para o proxecto "Recuperación, dixitalización e posta en valor da biblioteca-hemeroteca do Ateneo Ferrolán", un dos proxectos seleccionados pola Fundación na súa III Convocatoria de proxectos en colaboración 2006-2007.

Esta colaboración ampliouse coa doazón de máis de 230 títulos editados polo servizo de publicacións da Fundación e coa cesión ao Ateneo da colección de microfilmes de El Correo Gallego correspondentes ao período 1878-1974.

O proxecto "Recuperación, dixitalización e posta en valor da biblioteca-hemeroteca do Ateneo Ferrolán", inclúe:

       A dixitalización de fondos de prensa únicos e de gran valor histórico e social da hemeroteca do Ateneo, correspondentes a cabeceiras editadas en Ferrol no século XIX e principios do XX, e dos cales o Ateneo conserva os únicos exemplares. Trátase dos xornais "El Radical", "La Democracia", "Diario Ferrolano" –primeiro xornal no que escribe Wenceslao Fernández-Flórez, así como o primeiro de España que contou con servizo propio de telegrafía sen fíos–, "Faro de Ferrol", "El Eco Ferrolano", "Galicia", "La Lucha", "La Voz del Obrero", "El Porvenir", "La Voz de la Liga", "La República", "El Pueblo", "El Bien del Obrero", "El Chicote", "Revista Acorazado" e "La Cruzada" entre outros.

• A realización dunha hemeroteca dixital na que se incluirán todos os fondos de prensa que se catalogarán e dixitalizarán no marco deste proxecto, e que será accesible desde unha nova páxina web da entidade.
• A catalogación e dixitalización da colección de fotografías "A sociedade española de construción naval desde 1900".
•A dixitalización dos cinco exemplares existentes na Biblioteca Municipal de Ferrol dos Anuarios de Debates e Conferencias publicados polo Ateneo entre 1903 e 1907, e dos cales o Ateneo non conserva orixinais en papel.
• A ampliación do equipamento da biblioteca-hemeroteca do Ateneo, incluíndo a adquisición de cinco computadores persoais para uso público e interno, así como de diverso material informático.
filmoteca do Ateneo Ferrolán conta na actualidade con ± 1.000 títulos entre longametraxes, curtas e documentais.
O seu importante arquivo fotográfico composto de fotografías de diversa tipoloxía de principios de século (construción naval, social, industrial, carteis ....). 

O importante arquivo de partituras inéditas e orixinais para gaita galega así como as súas gravacións presentadas ao longo dos 21 anos do noso Concurso Internacional de Gaita Galega e Composición “Constantino Bellón”. 

Os FONDOS increméntanse, como non podía ser doutra maneira, mes a mes, o que supón un esforzo económico e persoal para a conservación e difusión de dito patrimonio. O Ateneo Ferrolán mantén aberta libre e gratuítamente a súa Biblioteca-Hemeroteca, sendo a ÚNICA HEMEROTECA de Ferrol e Comarca. Facilita aos seus usuarios coñecementos e información mediante unha colección organizada de documentos, así como a través dos novos sistemas de información e tecnoloxías, que garante o acceso libre e directo ao coñecemento, á información, ao ocio e á cultura.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.