1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

gastrofestas callosGaliza - Colectivo Terra - O Colectivo Terra presenta un novo ciclo de actividades onde a comida e a música serán as protagonistas. Inician así unha serie de concertos cun trasfondo gastronómico onde degustarán as receitas máis tradicionais da nosa cociña ao tempo que se desfruta da música do País.


Nesta primeira xornada os protagonistas nos fogóns serán os callos, símbolo gastronómico das nosas festas e o exemplo máis claro e rotundo de que, por moitas prédicas globalizadoras que se fagan en prol da dieta mediterránea, non che hai patrón en Galiza que non comece cunha boa cunca de callos. Pero antes, os encargados de encher de son o local do Terra serán SANJURJO & DOPICO, apoteósico dueto formado por Martín Sanjurjo (Saraibas, Balakandra) e Manolo Dopico (A Roda, Leixaprén, Balakandra), unindo forzas neste novo proxecto acústico, no que revisitan cancións das súas bandas e versionan clásicos que xa forman parte da historia da canción galega.

Sábado 23 de xaneiro. Apertura de portas 20:00h. Concerto 20:30h.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.