1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

884879767 bd62345481 zGaliza - AELG - O vindeiro sábado 31 de outubro, con saída ás 11.00, na praia de Santo Amaro, diante do antigo cargadoiro de pedra (a carón da farmacia do polígono de Durmideiras). A asistencia é libre e aberta á cidadanía Este paseo fai parte das actividades do obradoiro “Historias da cidade-Barco. A Coruña e o mar. Segundo ciclo”, financiado pola Deputación Provincial da Coruña, a Consellaría de Cultura e coa colaboración da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda


Foto de Bernt Rostad (CC by-nc-nd/2.0/)

Para participar deste itinerario non é necesaria inscrición previa, unicamente cómpre achegarse ás 11.00 á praia de Santo Amaro, diante do antigo cargadoiro de pedra (a carón da farmacia do polígono de Durmideiras), e sumarse ao percorrido para coñecer un pouco máis da Coruña literaria e mariñeira.

Tanto para a tradición greco-latina como para as vellas lendas atlánticas, A Coruña é unha fin do mundo –Torre de Hércules, Torre de Breogán-, porta do Mar Maior ou, o que é o mesmo, porta de todos os misterios.

O pintor Urbano Lugrís condensou estas dúas tradicións no seu alcume literario: Ulyses Fingal ( Ulises de Ítaca, e mais Fingal, o heroe dos versos escoceses do bardo Ossián).

O Grelle, Macallás, Area de Cuncha, o Cabalo, as Longuiñas, a Rabaleira, Sogadoiro, Gueivouteiro…Velaí as pedras que rodean a Torre, conforme nos ensinou Emilio Mariñas, o sabio percebeiro.

Nesta ruta –dende a praia de Santo Amaro até o vello faro- quérese oñecer cada unha destas rochas, e que a eufonía dos seus nomes sexa impulso evocador para nos reencontrar coas máis grandes lendas do mar.

Este percorrrido fai parte das actividades do obradoiro de creación literaria «Historias da cidade-Barco. A Coruña e o mar», que está imparte o escritor Xurxo Souto no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, e que se inscribe dentro do programa Escola de Escritoras e Escritores da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), iniciativa coa que se pretende animar a escribir textos literarios mediante a manipulación de formas lingüísticas e a imitación de modelos expresivos da nosa tradición literaria, particularmente a relacionada co mar, aos que podemos chegar mediante o xogo e a descuberta da nosa propia creatividade. Outro dos obxectivos é o de dar a coñecer o sistema literario como elemento configurador en sentido amplo do concepto de cidadanía e de pertenza a un sistema cultural. Considerando, pois, que o benestar persoal e colectivo non descansa unicamente na suficiencia económica, e que se basea principalmente no goce dunha cultura normalizada, respectuosa coa tradición para, desde aí, abrirse ao futuro.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.