Galiza - Mar de Lumes - Na tarde de mañá, 29 de outubro, ás 20h00, na praza de Galiza de Compostela, terá lugar unha concentración solidaria de apoio á Palestina nuns momentos en que a insurrección de mozos e mozas dos Territorios Ocupados por Israel pode derivar cara a unha auténtica intifada, como resposta á ocupación e aos atropelos, abusos e crimes que dela derivan.
Fronte ao sensacionalismo, desde Galiza queremos manifestar máis unha vez o noso apoio á xusta causa palestiniana, e para iso, desde Mar de Lumes - Comité Galego de Solidariedade Internacionalista, xunto coa Campaña BDS Galiza e coa Asociación Galiza Por Palestina, convocamos esta acción solidaria.
Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.