1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

271015 taiboJornadasGaliza - CNT - Celebráronse en Compostela as XXIII Xornadas Libertarias convocadas e organizadas pola CNT, un encontro onde desde o sindicato local trátanse de expor unha serie de palestras e actos en torno ao mundo libertario.


Durante a primeira xornada, do día 19, Eliseo Fernández, ofreceunos unha palestra onde se facía un repaso Revolución Siriahistórico sobre a presenza galega arredor de Eliseotodo o mundo dentro das actividades, grupos e sindicatos de tendencia anarquista.

Ao día seguinte proxectamos o documental "Ecos del desgarro" a visión que puideron captar o colectivo de cinema libertario Cámara Negra, despois de ter a oportunidade de estar en terras Sirias e compartir e gravar a parte dos activistas que participaron dentro da movementos inicias da revolución que eles viviran.

No terceiro día, na Facultade de Filosofía, en con grande afluencia, Carlos Taibo falou sobre a actualidade das ideas libertarias, marcando unha serie de puntos fundamentais para que poidamos ser capaces de promover espazos onde a autoxestión lle gañe a partida aos movementos pTaibo nas xornadasroinstitucionais.

No último día e como se de pechar o círculo da primeira xornada se tratase, Pepe Sendón fíxonos unha Falando Claropresentación audiovisual sobre a vida de Claro Sendón, anarcosindicalista de Louro (Muros), que viviu gran parte da súa vida en América onde se empapou das ideas anarquistas e que tras o seu retorno foi membro do comité confederal da CNT nos anos 30 do século XX.

Desde a CNT de Compostela agradecemos a todas as persoas que participaron e asistiron a estas xornadas, por facelas posibles e darlles sentido un ano máis. Así mesmo esperamos poder seguir organizando ao longo do ano eventos onde se poidan visualizar e debater as ideas que nos moven e, ao mesmo tempo, facer deste sindicato a ferramenta que queremos para acadar os nosos obxectivos no día a día.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.