1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

image1 1024x683Galiza - Curtocircuíto - As sesións especiais que o festival Curtocircuíto lle dedica a Aki Kaurismäki presentáronse na tarde de día 9 en rolda de prensa.


O alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega, abriu o acto dicindo que contar co director finés era "un regalo que Curtocircuíto fai á cidade". Pela del Álamo, o director do certame, agradeceulle as palabras, explicando que "os festivais non se fan só con cartos, senón con complicidade e entendemento". Curtocircuíto ten a obriga ética de ofrecer novos camiños para o cinema, según o seu director, máis tamén "de traer os precursores desta liña".

Obviamente, referíase a Aki Kaurismäki, que fumaba atento ás súas palabras xunto ao alcalde. A primeira sesión que lle dedicou o certame na noite de día 9, as súas Rock&Short Films, "non son curtametraxes", di o finés, "senón filmes de rock que fixen para os Leningrad Cowboys, para que puidesen saír na MTV e esas cousas". Destacou que os filmou moi rápido e en 35mm, que é un bo costume. A sesión compúxose tamén doutras pezas que fixo en Portugal, coma O Tasqueiro; ou de películas como Dogs Have No Hell. O público puido velas no día 9 noite no Teatro Principal, ás 22:15. No sábado, ás 5 da tarde, para todos os que desexaban seguir falando con el, ofreceu unha charla co público, moderada polo crítico e cineasta Gabe Klinger.

A segunda sesión foi unha carta branca, na que o director programou uns filmes suxeridos ao festival. Puido verse tamén no sábado, logo da charla. "Agardo que sexa unha selección interesante, ou que canda menos non as vise todo o mundo", dixo Kaurismäki da súa proposta, que incluía títulos de John Huston ou do seu discípolo e axudante de dirección Gilles Charmant.

Logo desta breve presentación, a prensa quixo saber como van os plans de rodar en Vigo. "Tal vez un día", comentou o finés con secretismo, momento no que alcalde aproveitou para bromear co desprazamento da rodaxe a Compostela, "só por amolar a Abel Caballero". A rolda seguiu neste ton cordial e festivo, con declaracións tamén polémicas sobre o proceso soberanista catalán. "Que van saber os cataláns de independencia!", espetoulle a unha xornalista, engadindo: "vós si que deberiades independizarvos, pero se sae mal, non me responsabilizo". E ten novos proxectos Kaurismäki? "Si, estou a construír un invernadoiro para a miña esposa". Deixando os xornalistas cun sorriso na cara, liscou fumando pasear o seu can, nunha soleada tarde de outubro..


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.