1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

240915 coruGaliza - STOP Despejos Corunha - Dende Stop Desafiuzamentos Coruña queremos informar da convocatoria da manifestación “Non son suicidios, son asasinatos” o venres 25 de setembro ás 20:00 h con saída do Obelisco e chegada á Delegación do Goberno para amosar a nosa solidaridade coas compañeiras e compañeiros de Stop Desafiuzamentos Compostela e coa familia de Carlos Midón, que tras transcorrer un ano do desafiuzamento da súa vivenda familiar en Aríns (Santiago de Compostela), quitábase a vida o día 21.


A atrocidade do sistema imperante mostra coma súa forma de pervivencia baséase na presión constante sobre os desposuídos. Na falta de recursos e posibilidades reais de supervivencia. Así coma na agresión continúa en forma de desafiuzamentos, de carencia vivencial severa e da presión social que no caso de Carlos Midón tivo o tráxico desenlace do seu suicidio ante a imposibilidade de poder realizar seu proxecto de vida familiar.

Sen axuda das institucións alén das trabas burocráticas. A imposibilidade de ver satisfeita súa carencia habitacional e perplexo ante a connivencia da lei e os intereses fraudulentos dunha estafa da que a víctima, no seu desenlace, pasa a ser verdugo de sí mesmo. Son os nocivos ingredientes do cóctel mortuorio que ao longo dos últimos anos converteuse en “norma” nas nosas vidas. Ante tal infamia, as plataformas galegas a prol dun dereito á vivenda real e non figurado convocan diversas concentracións ao longo do territorio galego baixo o lema “Non son Suicidios, son asasinatos” en A Coruña, Ferrol, Lugo e Ourense (neste último caso, o sábado 26).

Porque só no apoio mutuo, na rede de resistencia e conquista dos dereitos nunca garantidos resistiremos e venceremos. Este venres tomamos as rúas para deixar ben claro que NON SON SUICIDIOS, SON ASASINATOS!!!

Manifestación NON SON SUICIDIOS SON ASASINATOS
Venres 25 de Setembro Saída do Obelisco 20:00hrs.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.