1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

150915 colcatGaliza - Mar de Lumes - O proceso electoral en Catalunya non deixa indiferente a ninguén, pois estamos ante unhas eleccións que van ser decisivas para a configuración da estrutura institucional do estado español.


O pobo catalán quere decidir democrática, libre e pacificamente o seu futuro.

Desde a asociación de solidariedade internacionalista Mar de Lumes e Galiza pola Soberanía do Morrazo queremos achegar o noso gran de area dando a coñecer a opinión dos e das que defenden o proceso de independencia de Catalunya.

Queremos darlle a voz aos que reivindican o dereito do pobo catalán a decidir o seu futuro democraticamente para romper co marco xurídico e político do estado español. Con este acto pretendemos achegar argumentos que non podemos escoitar nos grandes medios de comunicación.

Por ese motivo organizamos o próximo mércores 16 de setembro, ás 20h., un acto na biblioteca municipal de Marín co título “Catalunya, estado do proceso soberanista” no que intervirá a representante da Assemblea Nacional Catalana en Galiza Susana Montesinos.

Estas eleccións teñen un claro carácter plebiscitario, e son na práctica o exercicio do dereito de autodeterminación do pobo catalán. Vai haber un antes e un despois destas eleccións, sexa cal for o resultado vanse dar pasos para modificar a configuración do estado español. Pode ser para deixar todo como está ou poden cambiar as cousas. O que temos claro desde Galiza Pola Soberanía e Mar de Lumes é que o pobo galego ten que estar presente facendo valer a súa condición de nación.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.