1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

image12Galiza - Curtorcircuíto - Na selección, títulos de importantes realizadores como Ben Russell ou Mark Rapapport, ou ganadores dos máis destacados festivais internacionais: World of Tomorrow (Sundance), Inscripción de una guerra (Locarno) ou Wave'98 (Cannes). Esta edición verá incrementado o volume de actividades paralelas de formación, concertos e charlas con cineastas; cos directores Jørgen Leth ou Aki Kaurismäki como destacados. Os xurados, que repartirán 11.500 euros, volven contar con profesionais de relevancia internacional, coma o reputado crítico inglés Neil Young, ou o productor luso Rodrigo Areias. Destacan os concertos de bandas internacionais como Moon Duo, Fumaça Preta ou os que traerá a colaboración co festival LEV


Fotograma de Waves'98, de Ely Dagher.

Curtocircuíto Festival Internacional de Cine deu hoxe a coñecer os detalles da súa próxima edición, que se celebrará en Compostela entre os días 6 e 11 de outubro. Ás xa habituais proxeccións no Teatro Principal, súmase este ano a sala NUMAX. O certame seguirá contando co CGAC como punto neurálxico das súas actividades formativas, alíase co espazo multidisciplinar Unitaria para algúns dos seus obradoiros formativos, ofrece charlas na Zona C ou concertos na Sala Capitol. Así, o festival pretende dar novos pasos na súa apertura á ciudad, a un público amplo e diverso, que poida vir a gozar dun evento lúdico e cultural, co cinema no centro.

Na tónica dos últimos anos, o número de películas inscritas a competición é unha mostra da saúde do certame. Nesta edición, recibíronse 3.270 propuestas, procedentes dun total de 93 países. De todas elas, o equipo de Curtocircuíto realizou unha selección de 40 películas na súa sección oficial. Esta mantén a división de anteriores edicións, nas categorías Radar e Explora; e nelas inclúense nomes de grande prestixio internacional como Ben Russell (Atlantis), Mark Rappaport (Becoming Anita Eckberg) ou Jennifer Reeder (Blood Below Your Skin); así como 19 estreas en España.

A selección tamén está chea de películas de mozos realizadores, premiadas nos festivais internacionales de referencia: World of Tomorrow (Sundance), Inscripción de una guerra (Locarno) o Wave'98 (Cannes). A listaxe completa de títulos darase a coñecer nos próximos días.

Aumento de actividades

Como xa se vén anunciando, o certame contará cun considerable aumento de eventos paralelos, a sumar aos seus xa habituais encontros con cineastas; neste caso, coas dúas figuras homenaxeadas en 2015, Jørgen Leth e Aki Kaurismäki, directores de prestixio internacional con cadanseus ciclos.

Estas charlas son só unhas das moitas actividades que ofrecerá Curtocircuíto. Na súa colaboración co festival de música WOSINC, a sala Capitol e a Zona C acollerán os conciertos de Moon Duo e Fumaça Preta. Cun rock hipnótico e boas doses guitarreiras, Moon Duo é unha das bandas con máis carácter do actual panorama independiente. A súa visita a Santiago supón unha primicia en Galicia na xira do seu novo disco, Shadow of the Sun. A parella clausurará o festival na Sala Capitol, co seu directo logo da entrega de premios o domingo 11 de outubro. A noite do xoves 8 perténcelle a Fumaça Preta, que encherá as paredes da Zona C co seu garaxe tropical de ritmos latinos. O festival LEV de Xixón tamén colabora con Curtocircuíto, con máis concertos, que se anunciarán en breve.

Volcados coa formación, os obradoiros cobrarán tamén protagonismo. A habitual colaboración coa Aula de Cine Márgenes, e grazas ao patrocinio da Academia Galega do Audiovisual, acolle este ano o cineasta galego Oliver Laxe, que impartirá o obradoiro "Teño arroz, teño libros... ata teño tabaco". Cunha duración de tres días, do 7 ao 9 de outubro, no CGAC, este encontro centrarase na concepción do cinema de Laxe como haiku, tipo de poesía xaponesa. Na actividade, o autor de Todos vos sodes capitáns (premio FIPRESCI da crítica na Quincena dos Realizadores en Cannes en 2010) falará das súas influencias deste tipo de poesía, da importancia de ceertas tradicións místicas na súa obra, da prosa de Jack Kerouac, ou do cinema de Andrey Tarkosvky; entre moitas outras cousas. Trátase dun obradoiro que combina a práctica coa teoría, e que pretende ser punto de creación.

Pola súa banda, o espazo multidisciplinar Unitaria, que abriu as súas portas recentemente en Compostela, acollerá na súa sede dous obradoiros, en colaboración co festival. Conscientes da importancia de educar a ollada dos espectadores do mañá, o primeiro destes é sobre stop-motion, e vai destinado aos nenos. Esta técnica de animación, moi entretida para os cativos, é a que pode verse en obras moi populares como Pesadelo antes de Nadal ou a serie de Wallace e Gromit. Amais, os nenos que participen no obradoiro formarán o xurado infantil, que este ano dará un novo premio na categoría Criaturas.

O segundo obradoiro é específicamente para profesionais da mestura de vídeo e son. Marta Verde, programadora creativa e artista dixital, imparte este curso, sobre Max MSP/JItter, entorno de desenvolvemento gráfico utilizado por compositores, deseñadores ou artistas multimedia, entre outros. Os obradoiros terán lugar nos locais de Unitaria, na calzada de San Pedro, durante a celebración do festival. Toda a información sobre a inscrición e prezos, así coma os demais detalles dos obradoiros, pode consultarse xa na web do festival.

A estas actividades paralelas engadiranse debates profesionais, presentacións de proxectos culturais e outros eventos que serán anunciados nos próximos días.

Xurados de prestixio

Algunhas destas actividades estarán protagonizadas por membros dos diversos xurados de Curtocircuíto, área na que tamén se crece. O festival dará 11.500 euros en premios, e engade dúas novas categorías. Ao xa citado premio infantil, súmase o da crítica CAMIRA, importante asociación internacional de expertos en cinema, que na súa primeira edición estará composto por representantes de relevantes medios especializados: Iván G. Ambruñeiras (A Cuarta Parede), Javier H. Estrada (Caimán. Cuadernos de Cine) e Andrea Franco (Transit. Cine y otros desvíos). O xurado CAMIRA premiará un filme elexido de entre todos os presentados á sección oficial; é dicir, as seccións Radar e Explora.

Estas seccións teñen os seus xurados internacionais propios. O primeiro deles fórmano Salette Ramalho, responsable de promoción e distribución internacional da Agência da Curta Metragem; Rodrigo Areais, realizador e produtor luso; e outro artista por desvelar.

Pola súa banda, o xurado da categoría Explora conta con Jana Ptackova, responsable da web de distribución online Doc Alliance; co reputado crítico inglés Neil Young (The Hollywood Reporter); e coa artista visual Usue Arrieta, habitual de centros de arte e festivais.

A sección competitiva Planeta GZ, que reúne os mellores títulos galegos da tempada, tamén conta co seu xurado propio, composto polo cineasta Eloy Enciso, a directora de Play-Doc Sara García, e o crítico cinematográfico José Manuel López. Tamén dan premios nesta categoría as asociacións profesionais galegas de directores CREA, e a de guionistas, AGAG.

Completan as categorías do palmarés o Xurado Novo, composto por mozos cinéfilos do ámbito compostelán; e o premio do público, resultado das votacións obtidas en sala polos asistentes ás películas.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.