A historiadora de arte, Ana Martín, falaranos dos sucesos acontecidos no útimo tercio do século XIX que marcaron parte da configuración actual da Coruña dende o urbanístico ata o social. Nese momento a urbe converteuse na cidade máis importante de Galiza cunha gran actividade burocrática, turística, cultural e fabril. Nesta charla tentaremos achegar esta época ata os nosos días e ver que non é tan diferente, pois sendo un momento de gran prosperidade sempre ten a súa parte escura con destruccións e desafiuzamentos “en favor do progreso” e liortas políticas entre a Igrexa, a alcaldía e os grandes empresarios do momento.
Como exemplo principal, a experta tratará a “Cuestión da Guarda” candente tema periodistico e político do momento sobre a figura do hoxe “gran filántropo” Eusebio da Guarda e as intencións de facerse “señor feudal” da cidade mediante símbolos coma a Igrexa de San Andrés a costa de vellas figuras queridas polo pobo coma o Gremio dos Mareantes. Esperamos dar a coñecer dunha maneira sinxela un momento moi importante pero pouco coñecido que esperamos faga reflexionar sobre a construcción da historia propia pero tamén sobre o presente que xerou.
-
Título A Coruña de finais do século XIX: Os novos señores feudais Día 10 de Setembro 2015 Hora 20:00 horas Lugar Centro Social A Comuna
(Verea do Polvorín, 35)