Foto de Tamara de la Fuente - Pela del Álamo
O certame, a celebrarse do 6 ao 11 de outubro próximos, contará coas seccións habituais de anos anteriores. Así, o evento proxectará filmes representativos das últimas tendencias do cinema a nivel mundial, mostrará os traballos galegos máis audaces da tempada, ou acollerá grandes lendas do cinema contemporáneo na capital de Galicia. En breve, anunciaranse eses nomes de gran nivel, cargados de sorpresas, que de seguro farán as ledicias de todos os composteláns e do público foráneo.
O festival tamén se caracteriza por contar cunha diversa oferta de actividades, que se verá acrecentada este ano con novos obradoiros, charlas, encontros con cineastas, presentacións, festas e concertos. O certame quere ser un evento de carácter cultural e lúdico amplo, aberto a todos os ciudadáns, co cinema como núcleo.
Para quencer motores, a inicios de setembro o público poderá gozar na rúa de dúas proxeccións ao aire libre no programa Noite Curta, cos títulos gañadores da pasada edición e outras películas destacadas de 2014.