Ducias de persoas xuntáronse diante do concello en solidariedade co pobo grego que segue en loita pola súa dignidade e soberanía nacional fronte as políticas austericidas da Troika. Nese sentido, a día de hoxe e unha vez resolto o referendo en favor do pobo heleno, queremos parabenizar e expresar a nosa gratitude pola valentía da clase traballadora e movementos sociais deste país.
Nesta nova concentración, ademais do tema grego, tamén se falou sobre o novo Acordo TISA que vén a complementar o TTIP con deseños neoliberais no proxecto imperialista da nova orde planetaria.