1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

250615 cnt.redimensionadoGaliza - Revista Abordagem - “Primeiro foron a por Vilagarcía mais como eran poucas ninguén se percatou, despois foron a por Pontevedra mais tampouco importou, máis tarde foran a por Vigo e ameazan con ir a por Lugo, mais como eu non era filiado deses sitios nada me importou nen importunou.


Agora veñen por min, mais xa é moi tarde para cair na conta”. Versión “abordaxe” do famoso poema de Martin Niemöller (que non era de Bertolt Brecht, que era de Martin)

Recollemos do Portal Oaca (e traducimos):

O Sindicato de Oficios Varios de Vigo adherido á CNT, reconstruíase de novo hai 20 anos con moita ilusión e esforzo en Vigo, localidade de maior tamaño de todo o noroeste peninsular e a cidade máis importante, non só en poboación senón en industria de toda Galiza, arrepóndose ao capitalismo e demostrando que o anarcosindicalismo volvía ser unha ferramenta de loita na cidade olívica, pero por motivos alleos a este sindicato decide en asemblea o día 6 de xuño autodesfederarse da CNT.

As razóns principais polas que tomamos esta decisión son a seguintes, máis de 2 anos de ataques ao noso sindicato e demais sindicatos da rexional por parte do Sindicato de Compostela que controla a Rexional Galaica como un Comité Central dunha organización stalinista e a situación vivida en toda a CNT dende a aprobación do X Congreso da CNT en 2010. O conxunto de accións e omisións que nos trouxeron ata este punto é tan extenso e enmarañado que superan de sobra o labor deste comunicado. Non obstante, e seguindo a liña comezada polos nosos compañeiros de Vilagarcía e Pontevedra, si que nos gustaría enumerar algúns puntos que supuxeron o limite polo que non estamos dispostos a pasar:

O verticalismo e o dirixismo por parte dos Comités fai parecernos ao que sempre combatemos, a renuncia a todo principio ideolóxico que fixo que se fundase a CNT en 1910 e pola que centos de miles de afiliados padeceron persecución, cárcere e morte.

A expulsión de todo aquel sindicato que discrepe, como os 7 sindicatos da Rexional de Levante ou os outros tantos de Andalucía e agora tamén os de Galiza, sen esquecer o máis que posible fraude, roubo e malversación do patrimonio da CNT polos distintos Comités Confederais que dende o X Congreso se sucederon.

O vixente sistema de votación que fai prevalecer a toma de acordos por unha minoría de sindicatos que teñen máis afiliados aínda que as súas asembleas sexan moi exiguas, obviando sempre o que nos caracteriza e se recolle nos nosos estatutos como o intento de chegar a consensos, o respecto ás opinións minoritarias e intentar conxugar nos acordos todas as posturas.

A compra de votos do Sindicato de Compostela de CNT falseando os afiliados reais deste, como denunciou no seu día o Sindicato de Lugo e por denunciar con probas váiselle expulsar de forma inorgánica.

A utilización da Normativa Orgánica para facer política e non anarcosindicalismo nos plenos e plenarias rexional e confederal impoñendo os acordos tomados aos sindicatos por enriba da autonomía destes (os plenos son asembleas de sindicatos e rexionais nas que toman decisións os sindicatos nos distintos ámbitos xeográficos xa sexa local, comarcal, rexional, e as plenarias son reunións de traballo para desenvolver os acordos tomados en asembleas e plenos, tamén poden ser locais, comarcais, rexionais e confederais).

A total falta de transparencia ao non presentar as contas xerais o Comité Confederal, e cando o fan con descadres de máis de 200.000 € (é obrigatorio para o que non o saiba, presentar as contas sempre, como se fai ata nas Sociedades Anónimas).

A deriva colaboracionista dos distintos comités e algúns sindicatos locais cos sindicatos que participan nas estruturas do estado, ademais de partidos políticos, como o caso do Sindicato de Puerto de Santa María que coopera e colabora con Podemos, ou o caso da CNT de Olot que ademais de compartir local coa CUP, o quinto nas listas municipais por este concello polo devandito partido é afiliado da CNT de Olot e un longo etcétera, iso si o que denuncia ou critica esta realidade é un talibán que hai que perseguir coma se da caza de bruxas do macartismo se tratase.

A diversidade ideolóxica pode chegar a ter cabida na CNT, pero o que nunca poderá ser é que baixo a premisa dunha natural critica anarquista e anarcosindicalista a certos comportamentos e formas de entender a organización, por outro lado máis que lexítima, a non ser que fagamos unha cousa e prediquemos outra ao máis puro estilo bolxevique, sexa desfederado ou expulsado, utilizando a Orgánica, naturalmente, pero dunha forma ruín e torticera. E ao que participa en comités de empresa, crea sindicatos paralelos, inventa acordos de asembleas inexistentes de sindicatos que non tiveron unha asemblea en anos, é inhabilitado 6 meses para ser elixido cargo da CNT, alucinante, hai máis garantías de poder defenderse coas leis do estado nun tribunal.

A aparición de “liberados” como o caso do Gabinete Técnico Confederal unha suposta cooperativa chamada “1º de Maio” e que traballa en exclusiva para a CNT. Resulta de todo inaceptable a introdución do que na práctica son liberados sindicais. E é inaceptable tanto dende o punto de vista moral como dende o meramente económico polo dano que supón para as finanzas dos sindicatos. Tampouco é aceptable que este ente confederal unicamente opere a instancias do Secretariado Permanente do Comité Confederal, e que se encontre fóra do control dos sindicatos. Non sabemos que fan co diñeiro que reciben e que todos, independentemente de se usamos os seus servizos como se non, pagamos. O modelo organizativo da CNT achégase máis ao dunha xestoría, como acontece cos sindicatos convencionais, e polo tanto ao negocio duns poucos. O peor de todo é a importancia desmedida que adquiriu o diñeiro dentro da CNT, tanto na toma de decisións como á hora de alimentar de recursos o voluminoso e pesado armazón burocrático. Na práctica a organización, ademais de ser un obstáculo para a libre coordinación entre sindicatos, converteuse nun enorme xugo económico para os sindicatos cuxos recursos son drenados polas instancias superiores para custear a burocracia que todo o domina. Así é como os comités se fixeron cun tremendo poder na organización coa xestión duns recursos que son subtraídos aos sindicatos, o peor de todo é que os membros do Gabiente Técnico Confederal nin sequera teñen unha demostrada experiencia laboral para levar conflitos laborais, como a Señora Giráldez que coa carreira de dereito recén rematada e sen experiencia no dereito laboralista está enchufada polo mero feito de ter sido Secretaria Xeral da Rexional Galaica e o Señor Perera que non deu un pau á auga na súa vida pero sempre ligado aos cargos da CNT sen esquecernos do pésimo servizo xurídico que presta aos sindicatos e entes confederais.

Sen que se nos esquece o Sr. Paradelo, Secretario Xeral da CNT, que con insultos, descualificacións, menosprezo e unha prepotencia digna dun protofascista de manual, tratou os afiliados de distintos sindicatos da nosa rexional en numerosas ocasións, como saben todos os que tivesen a desgracia de asistir aos plenos e plenarias onde o Sr. Secretario Xeral tiña a ben facer acto de presenza, saben dos que falamos na CNT de Galiza todo o mundo, esta clase de personaxe moi coñecido e colaborador nos ámbitos marxistas-independentistas e pouco ou nada nos anarquistas.

Pero finalmente a gota que encheu o vaso foi a inclusión de puntos para pleno rexional días despois de celebrarse a plenaria onde se aprobou a orde do día do devandito pleno. Inclusión decidida polo ínclito Sr. Secretario Xeral da rexional Señoráns (como, non membro do Sindicato de Compostela),… porque si, porque el o vale, en contra do acordado pola maioría de sindicatos nesta reunión, poñendo de manifesto que a Normativa Orgánica só se aplica cando beneficia aos intereses do Sindicato de Compostela.

E poderiamos seguir enumerando razóns e meternos en profundidade nos aspectos aquí enunciados na súa maioría, pero non queremos aburrir á opinión pública, nin filtrar documentación interna poida ser susceptible de que ser desleais con compañeiros e algúns sindicatos que decidiron polo momento quedar dentro da CNT e cambiala.

Gustaríanos tamén nos adherir aos motivos que expoñen os compañeiros dos sindicatos de Vilagarcía e Pontevedra nos seus respectivos escritos de abandono da CNT, porque non queremos pertencer a unha organización que se di anarcosindicalista pero os seus métodos se asemellan demasiado aos da democracia burguesa e con tinguiduras de centralismo democrático, ao estilo de organizacións comunistas.

A partir de agora ábrese un novo tempo para o sindicato fóra desta CNT, e tamén para as persoas que formabamos parte dela, dentro deste sindicato local e autónomo ou fóra del. Seguiremos organizándonos para seguir loitando por unha sociedade á marxe das relacións de explotación intrínsecas ao capitalismo, facendo o que sempre fixemos: anarcosindicalismo, pero sen converternos nunha xestoría laboral, que é cara a onde se encamiña a actual CNT.

Pola asemblea do Sindicato de Oficios Varios de Vigo, que aínda que fose desta CNT segue existindo como sindicato, autónomo de momento.

Polo anarcosindicalismo, o federalismo e o apoio mutuo.

Saúde e anarquía.

Pola asemblea do S.O.V. de Vigo de C.N.T.
…………………

Pdt.- Versión “abordaxe” do famoso poema de Martin Niemöller x Xan do Can


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.