1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

amaranteGaliza - Amarante - A Asociación galega AMARANTE Setem comeza a XIII edición do Xanela Aberta. Asómate ao cambio este vindeiro sábado 8 de marzo.


Para as persoas que estades interesadas o prazo de inscrición remata este xoves 6 de marzo. O Xanela Aberta. Asómate ao Cambio, é un programa de educación para o desenvolvemento que ten como finalidade promover unha conciencia crítica e transformadora sobre a realidade social, con xornadas formativas e viaxes que posibilitan o coñecemento das loitas e resistencias de organizacións locais e internacionais, como o Movemento Sem Terra (Brasil), Attawassoul (Marrocos) ou MCCH (Ecuador).

Durante os meses de Marzo, Abril e Maio levaranse a cabo cinco xornadas formativas que darán paso á posibilidade de viaxar nos meses de Xullo e Agosto e coñecer ás organizacións coas que colabora Amarante habitualmente:

Movimento dos Trabalhadores Rurais sem Terra en Brasil: http://www.mst.org.br

MCCH en Ecuador: http://www.fundmcch.com.ec

Asociación Attawassoul en Marrocos: máis información en http://amarantesetem.org

As datas para a formación son

I Xornada: Impactos da cooperación internacional e o turismo de masas. CIAC (Compostela). Sábado, 8 de marzo.

II Xornada:

Impactos sociais das políticas fronte a crise. CIAC (Compostela). Sábado, 29 de marzo.

Resistencias I. Contra a minaría. Plataforma de Corcoesto – Bergantiños e Oro No. Coristanco. Domingo, 30 de marzo.

III Xornada: Resistencias II. Decrecemento e alternativas locais no consumo de alimentación e roupa. Arqueixal (Palas de Rei). Sábado e Domingo 12 – 13 de abril.

IV Xornada: Resistencias III. Loita Feminista Global. CIAC (Compostela). Sábado, 26 de abril.

V Xornada: Resistencias IV. Comunicación e medios alternativos de información local. CIAC (Compostela). Sábado, 24 de maio.

Xornada de Avaliación: CIAC (Compostela). Sábado, 20 de setembro.

As xornadas formativas están abertas a todas as persoas interesadas. Se tamén queres viaxar a coñecer ás organizacións colaboradoras son precisos os seguintes requisitos:

Ser maior de idade.

Asistir a todas as xornadas formativas

Pago de Matrícula:

50€ se traballas.

30€ para estudantes, desempregadas e socias/ activistas de Amarante.

Para inscribirte ou pedir máis información:

educacion@amarantesetem.org Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ou no teléfono 986 84 81 59

Máis info:

No Blog do Xanela http://amarantesetem.org/xanela. Síguenos tamén no Facebook.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.