1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

210512 cnt vigoGaliza - CNT - Ás 18:30 horas saïamos do sindicato uns 20 compañeir@s, con 5 bandeiras, unha gran pancarta negra, un megáfono, moitos panfletos falando de revolución social e sobre todo moita ilusión.


Antes das 19 horas estabamos no punto de partida, a Praza de España, e o que se pensaba ía ser unha manifestación pouco secundada, voltouse nunha manifestación multitudinaria. A regra de quen nos convidou a acudir coma sindicato (a pesares das reticencias do 15M á presencia de siglas) era deixar pasar a todo o mundo e á cola da manifestación situarse os sindicatos, que para iso non somos movemento social. Pois así é: colocámonos nun sitio estratéxico coa pancarta despregada de tal xeito que todos os que pasaron tiveron que vela e vernos sen remedio: "destruíndo o capitalismo, construíndo a revolución social". Sobre as 19:30 horas, vémonos ó final de toda a corte de bandeiras republicanas, de lemas dos movementos sociais... caendo na conta de que dende ese lugar a nosa mensaxe non ía chegar a tod@s @s que nos gustaría.

¡Así que decidimos facer un adiantamento pola esquerda, como non podía ser doutro xeito, e avanzando pasos no camiño da revolución!: a CNT xa está no medio, visible, escoitable... e secundada por xente que pensa igual ca nós, anónimos igual ca nós e inconformistas coma nós. Chamamos a atención, fomos moitísimas veces fotografados e colocámonos nunha posición privilexiada, onde a nosa mensaxe chegaba á moita xente que nos precedía e á moita que nos seguía. Mensaxe que, por outro lado, era a máis contundente e alta: "anticapitalista", aquí está a anarcosindical", "unión, acción, autoxestión", "contra o estado, contra o capital, folga xeral".

Baixamos así a Gran Vía e, chegados ao cruce coa rúa Urzaiz, a manifestación conflúe coa do naval, que saía ás 19h de Vía norte e era convocada por CCOO, UXT e secundada... POLO PP!! A crítica non se podía obviar e non se fixo esperar: "Comisión e UXT van na mani do PP", "liberado sindical, parásito social", "Comisións e UXT, sindicatos do poder"... Seguimos descendendo por Urzaiz ata chegar á Praza da Estrela, sobre as 20:30h, onde terían lugar os mitins dos movementos sociais (15M, Ecoar, PAH –plataforma autoxestionada de afectados pola hipoteca). Nunha zona alta e realmente "cantosa", colgamos a nosa pancarta revolucionaria. ¡Imposible non vela! ¡A máis grande e directa de todas! E as nosas bandeiras ondeaban altas e firmes no medio da multitude que alí estaba. Tras o manifesto do 15M, ábrese o micro para quen quixese falar, momento que a CNT aproveita con contundencia: un compañeiro fala da crise epidémica do capitalismo, estatísticas das catástrofes que nos fai padecer o actual sistema arrollador e a alternativa única da horizontalidade, as asembleas... a única democracia real posible (alguén se daría por aludido... ¡e iso esperabamos!). E, a pesares das reticencias deste movemento polo sindicalismo e a política (si, esa que nos incumbe a tod@s), os aplausos non foron poucos. "¡Viva o anarcosindicalismo!", "¡Viva a CNT!".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.