1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (2 Votos)

070814 gaiteiraGaliza - Velaí - A figura de Áurea Rodríguez foi descuberta, fai xa máis de seis anos, pola musicóloga Sonsoles Hernández Barbosa no marco das súas investigacións sobre a música en Celanova (Itinerario Histórico-Musical de Celanova e Vilanova dos Infantes, Ouvirnos, 2007).


Apenas nos chegan tres datos da súa biografía, pero suficientes para saber que foi unha muller con iniciativa, valente e que causaba admiración. Nos anos vinte do século XX foi a directora e a gaiteira solista do cuarteto Os marabillas de Cartelle. Con esta formación, deu unha serie de concertos en Madrid que lle valeron o título de "la reina de la gaita gallega". Ao final da década, o cuarteto inicia unha xira por Arxentina, pero esa será a penúltima das súas aparicións públicas documentadas. Non será ata 1945 que se lle poida situar en Venezuela nunha actuación.

Álbum de Mulleres é un centro de documentación dixital para divulgar e investigar as contribucións das mulleres á sociedade e cultura galegas. Neste espazo dixital, Milagros Bará, publicou un documentado artigo Áurea Rodríguez. A raíña da gaita galega. No artígo aporta profusa información sobre a súa biografía e a da formaciónOs marabillas, pero deixa aberta a investigación sobre que sucedeu despois de 1945. Oxalá poidamos, algún día, completar a súa biografía.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.