1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (3 Votos)

080511_fgimGaliza - Fórum Galego de Imigraçom - O Foro Galego de Inmigración (formado por máis de 80 asociacións e entidades de Galiza) convoca en diferentes lugares de Galiza a semana do 9 ao 14 de Maio unha: ROLDA DE PALESTRAS-PRESENTACIÓNS DA CAMPAÑA "NINGUÉN SOBRA NUNHA CRISE".


"O impacto da crise sobre as persoas migrantes"

- CORUÑA: Luns, 09 de Maio ás 20:00hs Fórum Própolis (R/Barcelona, 115). Con Eduardo Romero. Colectivo Cambalache (Asturies)

"Reflexións entorno ás consecuencias da crise

nas persoas migrantes"

- VIGO: Martes día 10 de Maio ás 20:30hs Cova dos Ratos (Romil, 3). Colaboran: Oficina de Dereitos Sociais de Coia e Grupo de Axitación Social.

- COMPOSTELA: Xoves día 12 de Maio ás 19:00hs Biblioteca Ánxel Casal (Avda de Xoán XXIII).

Con Eduardo Romero. Colectivo Cambalache (Asturies)

Diego Lores . Oficina de Dereitos Sociais de Coia (Vigo)

Integrantes do Foro Galego de Inmigración

Xornada formativa

"Migracións, crise e mercado de traballo"

- COMPOSTELA: Mércores día 11 de Maio de 16.30 a 20.30 hs Facultade de Historia- Santiago de Compostela.

Praza limitadas, asistencia previo inscripción (de balde).

Con Eduardo Romero. Colectivo Cambalache (Asturies)

"A destrución...espectacular de emprego nos dous últimos anos, con taxas de desemprego da poboación inmigrante superiores ao 30% e que chegan a triplicar ás da poboación autóctona, confirman o papel que xogaron como poboación excedentaria a que acudir no momento en que se precisa e é abandonada á súa sorte cando se acaba o período de crecemento" E.Romero

Eduardo Romero: "Un deseo apasionado de trabajo más barato y servicial. Migraciones, fronteras y capitalismo"

A situación descrita por Eduardo Romero no seu libro sérvenos de base para ollar cara a realidade actual. Ademais do paro, da precariedade e das dificultades económicas que afectan o conxunto da poboación, no caso das persoas migrantes hai que sumar máis un elemento de empeoramento da nosas condicións de vida. Tratase do efecto dunhas políticas cada vez máis restrictivas, subordinadas a un enfoque utilitarista e criminalizador das migracións, alén do acoso policial e a humillación da identificación en calquera hora e lugar simplemente por ter unha cor de pel diferente.

Estas análises foron o punto de partida para a posta en marcha da Campaña "Ninguén sobra nunha crise" do Foro Galego de Inmigración. Esta ten como obxectivo fundamental evidenciar a situación na que se atopan as persoas migrantes ante o actual cenario de crise e en concreto ante os recortes de dereitos e liberdades derivados da aplicación do recetario neoliberal para paliar os efectos da mesma. Tamén pretendemos visibilizar as achegas que estivemos e estamos a facer a esta sociedade, non só no terreo económico, senón desde un punto de vista cultural, social, afectivo e simbólico.

Na presentación da Campaña contaremos coa presencia de Eduardo Romero, investigador do colectivo asturiano Cambalache. Ademais do libro anteriormente citado Eduardo ten editados materiais sobre "migracións e desenvolvemento", intereses das multinacionais ou lei de extranxeiría. Por outra banda ten participado en campañas contra a represión das persoas migrantes en Asturias.

A Oficina de Dereitos Sociais tentará achegar a realidade do mundo dos servizos sociais, que en tempos de crise queda espido amosando que as respostas que propón para aqueles que veñen sufrindo as miserias do sistema capitalista son de tipo superficial e que se dirixen a manter a orde establecida. Na relación con ese sistema as persoas migrantes sofren coma outros colectivos os atrasos nas tramitacións de prestacións básicas, a insuficiencia de recursos, a perda de dereitos sociais, etc.

Participa na organización o Grupo de Axitación Social (GAS) que comparte coa Oficina de Dereitos Sociais campañas de denuncia sobre os recortes sociais que sufrimos nos últimos tempos.

A utilización de man de obra barata e carente de dereitos co fin de asegurar a acumulación de beneficios, o endurecemento da lexislación sobre migracións e o uso de dispositivos cada vez máis sofisticados de controle de fronteiras externas e internas, a utilización mediática da chegada de novas persoas migrantes e a saída á luz de actitudes e discursos xenófobos serán algúns dos temas que se tratarán nesta mesa redonda, a través da cal pretendemos reflexionar sobre as consecuencias que o sistema capitalista ten sobre todas as persoas explotadas e dar a coñecer o traballo dos diferentes colectivos que participan nestas actividades.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.