1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

b 450 0 16777215 00 archivos Administradores Maurício 2015 03 110315 borja2Galiza - CSPP - O Comité de Solidariedade cxs Presxs Políticxs mostra en primeiro lugar o seu total apoio e solidariedade coa familia do preso Borja Martín Gómez que “apareceu aforcado” na prisión da Lama.


Foto da Revista Abordagem

O sospeitoso feito ocorreu o pasado sabado pero a nova non transcendeu porque dende os medios de “comunicación” do réxime considerárono como un “suicidio máis”. Volvo, como era coñecido, foi un preso activo dentro da cadea o que fai máis posible pensar que a cárcere se cobraran unha nova vítima que por desgraza non se investigará como faleceu e a verdade sobre o ocurrido na prisión o sabado entre as 13 e as 14 horas quedará sin investigación como outros feitos similares xa ocurridos.

Por todo o que se acaba de mencionar "non debemos permitir que este asesinato senha olvidado e entre todos debemos difundir a realidade sobre un novo crime ocurrido dentro do sistema penitenciario do estado español", din do Comité.

Ademáis cren moi necesario "que todxs difundamos a grave situación de saude que están a sufrir os nosxs compañeirxs: Arantza Díaz e Manuel Arango". Ambos sufriron recentemente un agravamento do seu estado de saude "polo que debemos impedir que o estado cometa un novo crime. Agora é máis importante todavía difundir a grave situación que están a vivir estxs compeñeirxs levando as rúas a necesidade da AMNISTIA". Así os beneficiados xa non so serán elxs sinon a totalidade dos presxs que están privados da súas liberdades "nos centros de exterminio que son as cárceres do Estado español".

Por último recordan que hai máis información no blog do comité sobre a campaña que se está a levar a cabo pola liberdade inmediata dxs Presxs Políticxs Enfermxs. Aí tamén hai a posibilidade de obter as direccións das cárceres onde están condenados a cadenas perpetuas encubertas e así romper o illamento que sofren a través do envío de cartas "nas que lle traslademos todo o noso apoio e solidariedade, xa que así será máis difícil para o estado levar a cabo novos asesinatos nas prisións", consideran.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.