1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

tratoradaGaliza - Campo Galego - A cadea acepta unha suba inmediata de arredor de 2 céntimos nos pagos a Lactalis e Leche Celta para que ambas cadeas llo trasladen ás granxas no leite de decembro, que se cobra en xaneiro.


Foto do Diário Liberdade - Tratorada para exigir preços dignos do leite em setembro em Compostela.

Os máximos responsables de Carrefour a nivel estatal mantiveron na tarde de onte (21/12) unha reunión con representantes dos gandeiros para buscar unha solución que permitise poñerlle fin ós bloqueos que sofren os seus centros comerciais da Coruña e de Lugo. No encontro, Carrefour propuxo dúas medidas para revalorizar o leite no campo: a creación dunha marca que permita remunerarlle ós produtores un mínimo de 33,8 céntimos por litro, unha medida que se aplicaría a 2-3 meses vista, e unha suba inmediata de 2 céntimos nos pagos a Leche Celta e Lactalis, as súas industrias proveedoras de marca branca.

Pasadas as 11 da noite, os gandeiros das asembleas de Coruña e de Lugo acordaron aceptar a oferta e levantar ambos bloqueos. Hoxe (22/12) ás 12 do mediodía prevíase unha asemblea na Coruña para acordar próximos obxectivos, pois quedan cadeas como Dia, Alcampo ou Gadis que aínda non chegaron a compromisos cos produtores.

A oferta de Carrefour a curto prazo céntrase na suba inmediata de arredor de 2 céntimos nos pagos a Lactalis e a Leche Celta. Esa suba farase mediante unha reducción das marxes da cadea, sen que haxa aumento de prezo do leite no lineal. A suba a Lactalis e Leche Celta permitiría que ambas industrias lle trasladasen o mesmo aumento os seus gandeiros no leite de decembro, que se cobra en xaneiro. Ese foi o compromiso concreto de Carrefour, que ratificará a través dun comunicado unha vez que os gandeiros levantaron os bloqueos.

O segundo punto da proposta de Carrefour céntrase na creación dunha nova marca que permita unha remuneración maior para os gandeiros. A cadea francesa propón seguir o esquema de custos do estudo de valor da Interprofesional Láctea, de xeito que o leite se venda no supermercado no entorno dos 64 céntimos e permita unha remuneración para o gandeiro dun mínimo de 33,8 céntimos.

Orixe

En canto á orixe do leite, a cadea francesa asegurou que o 100% do leite que comercializa en España ten orixe español e que o 90% é de Galicia, un compromiso que se mantería para a nova marca.

Asembleas

Á reunión asistiron pola parte produtora Isabel Vilalba, do Sindicato Labrego Galego; Roberto García e Óscar Pose por Unións Agrarias, tres representantes das distintas comarcas que están participando no bloqueo da Coruña e un representante do bloqueo de Lugo. Á saída da reunión e tras unha primeira asemblea na Coruña, Isabel Vilalba sinalaba que na reunión se presionou a Carrefour en todo o que se puido e destacaba que a decisión sobre o que facer corresponde ás asembleas de gandeiros, que decidiron finalmente levantar ambos bloqueos.

Gadis

Os gandeiros do Deza, onde non hai centros de Carrefour, optaron na tarde de onte por iniciar un bloqueo ante o Gadis, no que a última hora da tarde había arredor de 70 tractores, segundo estimacións de Javier Iglesias, de Unións Agrarias.

Os produtores tiveron un primeiro contacto coa dirección do Gadis de Lalín, pero agardan contactos a nivel autonómico cos máximos responsables da cadea. “A verdade é que despois de 10-12 días de bloqueos, é triste que teñamos que chegar a esta situación e que Gadis non se tivese posto en contacto previamente con nós para buscar unha saída”, valora Iglesias.

O bloqueo do Gadis de Lalín aplícase só na descarga de mercadorías do supermercado, pois os produtores están concienciados de causar as menos molestias posibles ó resto de establecementos comerciais do centro comercial Pontiñas, todos eles negocios de carácter local.

Os gandeiros manteñen esta mañá reunións con Gadis en Lalín e con Leclerc en Lugo.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.