1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

220914 uscGaliza - CIG - A CIG da USC demanda a adopción de medidas que permitan racionalizar servizos e medios humanos e non atallar o problema indo a polos máis débiles.


O pasado venres 12 traballadores/as da Aula de Produtos Lácteos, do Instituto de Ortopedia e Banco de Tecidos Musculoesqueléticos, e do Arquivo da USC recibiron cadanseu aviso de cesamento. Este venres coñecerase o Plan de Equilibrio que está a elaborar a Xerencia e que vai presentar para aprobación no Consello Social do luns 22 e á Xunta de Galicia neste mesmo mes. A CIG da USC alerta de que "as decisións que se están adoptando a nivel laboral permiten intuír o escenario en que nos imos mover".

O persoal despedido pertence ao capítulo VI. Algúns deles mesmo tiña contratos indefinidos (por sentenza xudicial) e outros, pendentes de xuízo ou sentenza, que cesan en aplicación da Lei 3/2012 do 6 de xullo de medidas urxentes para a reforma do mercado laboral, a normativa aprobada polo PP que facilita o despedimento de traballadores nas administracións públicas alegando causas económicas. Os avisos inclúen a motivación e a falta de financiamento.

A CIG da USC denuncia que este grupo de traballadores e de traballadoras súmase á sangría que vén padecendo a USC nestes últimos anos de recortes en investigación, en docencia (cunha taxa de reposición do 10% do seu persoal) e en servizos (cunha taxa de reposición do 0 %), afogada principalmente pola falta de financiamento público.

"As medidas tomadas cébanse de novo co elo máis débil da cadea, os traballadores e traballadoras, mentres que non se albiscan medidas correctoras para os responsables en diversos órganos da USC e mesmo da Xunta de Galicia que consentiron a creación de organismos de moi difícil encadre e viabilidade dentro da propia universidade, que mantiveron contratado en fraude de lei a todo este persoal durante anos, asinando contratos mes a mes e na precariedade máis absoluta", afirman.

Por iso demandan que se traballe con determinación por un financiamento suficiente e inmediato para a universidade pública e que se adopten medidas que racionalicen os servizos e os medios humanos existentes, e non atallar o déficit universitario comezando polo máis fácil e débil.

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.