1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

090314 xei10Galiza - Xeira - As traballadoras galegas temos un mandato ineludible nestes tempos: o de rachar con lustros de anquilosamento na mobilización popular transformando cada data reivindicativa nun vago ritual para encher os ocos do noso calendario de efemérides.


Cómpre desempoar os vellos lemas que os nosos antecesores na loita nos deixaron, dende aqueles "comunismo caos" e "todo o poder para as asembleas" que nos ensinaron os bolxeviques até ese "viva Galicia ceibe e socialista!" que nos agasallou a primeira UPG.

É mester tirar ao vertedoiro da historia o secuestro ao que a loita popular estivo sometida por parte da esquerda do réxime, baleirando sistematicamente de contido cada berro e cada esixencia que as capas populares galegas lle esgrimiron á oligarquía española e ao patriarcado, funcionando unicamente como máquinas de autorreprodución e de lexitimación deste sistema bárbaro.

O 10 de marzo ten que estar dotado do mesmo contido no que estaba dotado naquel fatídico día polo cal celebramos ano tras ano o día da clase obreira galega, ten que ser a dignidade das traballadoras e de todos os sectores agredidos polo capitalismo unindo frontes de loita para vertebralos na única batalla que poden solucionar todos os problemas, a batalla contra este sistema.

Así que o mellor homenaxe para Amador e Daniel é a construción dun mundo para que todas vivamos dignamente, é a consecución da reconciliación do ser humano consigo mesmo, é a construción do Socialismo.

Viva Galiza ceibe, socialista e feminista!


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.