1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

Foto - DL - Desp AureliaGaliza - Stop Despejos Corunha - Dende STOP DESAFIUZAMENTOS CORUÑA informan de que hoxe por fin Elisabeth obtivo unha resposta institucional.


 

Tras poñerse en contacto a afectada co Servicio de Coordinación de Servicios Comunitarios, dentro da Consellería de Benestar, informáronlle de que non hai notificación dunha nova data de lanzamento, e que se recoñece unha situación de extrema vulnerabilidade social, maior do que consideraban inicialmente (cabe recordar que os Servicios Sociais locais negaron esa vulnerabilidade insistentemente).

Carlos Santos, xefe do Servicio de Coordinación, plantexoulle persoalmente a necesidade urxente dunha nova vivenda, coa intención de alargar a próxima data de lanzamento pola imposibilidade legal dunha paralización.

Da Plataforma contra os despexos salientan que por fin se recoñeza a necesidade e o dereito a unha vivenda para Elisabeth dende os organismos institucionais, e lamentamos a ineficacia do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), que tras adxudicarlle o 25 de outubro de 2011 unha VPO (vivenda de protección oficial) inadecuada ás súas características, non resolveron o seu erro inmediatamente. Ó final, toda esta situación vén provocada por un erro administrativo non resolto.

Todo esto non se tería conseguido sen as incesantes mostras de apoio e a desobediencia civil amosada durante estes días. A plataforma convocou a unha rolda de prensa con Elisabeth Sanles e un voceiro de STOP Desafiuzamentos hoxe xoves (17/10) ás 11h no portal de Antonio Noche 30 para explicar o estado actual da situación e as solucións plantexadas ata o de agora.

 

Foto do Diário Liberdade - Mobilizaçom na Corunha para deter o despejo de Aurélia Rei.

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.