1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

230511_doentesGaliza - Galiza Hoje - Ferrol ten actualmente máis enfermos do amianto que empregados fixos nos estaleiros. Un total de 3.600 persoas sofren o mal do asbestos.


A maioría delas enfermaron polos seus anos de traballo nas factorías navais, cando se vulneraba a peito aberto a seguridade laboral. Pero tamén a enerxía térmica arrastra afectados. Ata algún enfermo de asbestose segue traballando no sector, en Ferrolterra. Como Sergio Villar Paredes, de 57 anos, que segue na brecha a pesar da súa contaminación polo amianto.

Este operario descubriu hai catro que o material maligno empezaba a devorarlle o organismo. Sergio traballou en auxiliares para Bazán, Astano, a central térmica das Pontes... A pesar de que padece asbestose, "sigo traballando para a central e de vez en cando pillo uns días de baixa por esgotamento". Ante esta situación, "estoume informando a través da asociación de vítimas Agavida para ver que facer".

José Margareto Ameijeiras, de 77 anos, tamén pasou os seus 39 anos de vida laboral en auxiliares do naval e As Pontes. Tanto el como Sergio relatan que "na central térmica traballabamos no precalentador, en sitios moi reducidos durante 12 horas seguidas nas que respirabas o ambiente do amianto". Segundo contan estes dous enfermos, "o amianto métese así no pulmón e despois non sae". Aínda que tamén sinalan que "nos barcos a situación é peor, cortas o amianto e limpas todo".

Margareto descubriu a súa enfermidade ós 58 anos, tras mani pular este material canceríxeno desde 1972. Atópase ben, pero necesita moito esforzo para subir as pendentes "pois noto que me afogo, teño placas pleurais de catro centímetros de espesor". Ve a súa situación como "algo terrible, cheguei a tratarme no hospital de silicose de Oviedo". A vía xudicial resulta igual de custosa. Margareto xa pasou por tres xuízos "e aínda non teño indemnización". Como traballou en varias empresas, "as compañías limítanse a desvincularse da miña enfermidade."

Galicia posúe a maior taxa de mesoteliomas de Europa, debido a un amianto que arrasou coa xeración dos aprendices dos anos 50 e 60 do século pasado.

OS TESTEMUÑOS

"Oito mutuas contra min"

Margareto Ameijeiras padece asbestose, tras 39 anos de traballo en auxiliares do naval e As Pontes."Os afectados que traballaron en Bazán ou Astano teñen a súa historia laboral. Pero nas auxiliares é máis complicado amosar que traballaches en contacto co amianto. No xuízo, eran oito mutuas contra ou meu avogado. E a maioría das empresas onde traballaba desapareceron, de oito quedan catro".

"Estou enfermo pero en activo"

Sergio Villar padece asbestose pero segue en activo. Eu aínda sigo traballando no sector, a pesar de estar enfermo. Cando me atopo moi mal, pillo uns días de baixa para descansar". Agora busca asesoramento na asociación de vítimas Agavida. "Cremos que entre os ex operarios das Pontes haberá moitos casos de amianto. Alí traballabas nun espazo moi reducido, en contacto con ese material"


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.