1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)
Roberto Laxe

Clica na imagem para ver o perfil e outros textos do autor ou autora

A Velha Toupeira

Extradición de Martín Villa e Utrera Molina: Unha orde contra o réxime do 78

Roberto Laxe - Publicado: Segunda, 15 Dezembro 2014 17:40

A orde de extradición emitida pola xuíza arxentina Servini contra 20 ex-altos cargos do franquismo, a instancias de descendentes de represaliados do franquismo, é un torpedo á liña de flotación do réxime do 78. Cuestiona unha das súas columnas vertebrais, a lei de amnistía / Punto Final que permitiu reconverterse en demócratas aos que participaran activamente da ditadura.


O franquismo en 1970 viuse na obriga, pola mobilización social interna e externa, a conmutar as penas de morte do Xuízo de Burgos contra militantes de ETA. A partir dese momento dá comezo realmente a Transición; pois é cando a burguesía española busca un recambio a un réxime agónico, para salvar os mobles. Non quería aventuras que conducisen a situacións irreversibles nunha década, os 70, caracterizada polas explosións revolucionarias. Nesa década prodúcese a vitoria do Vietnam, a revolución portuguesa, a caída da ditadura grega, a revolución nicaraguana, ... todo como resaca do maio do 68 francés.

No interno, o estado español vive un auxe das mobilizacións obreiras e populares sen precedentes en décadas, con picos como a folga xeral de Ferrol do 72, as folgas no "cinto vermello" de Madrid, etc., e en 1976 a folga xeral de Vitoria.

De que os acusan

Utrera Molina, ministro de Franco no seu momento, é acusado de asinar en 1973 a sentenza de morte de Salvador Puig Antic, militante libertario, e do cidadán polaco Heinz Chec para "xustificar" a morte de Antic. Era un intento do réxime de demostrar a súa fortaleza ante unha poboación cada vez máis insubmisa, de que non cedía como tivo que facer nos Xuízos de Burgos. Foi un crime político en toda regra.

O caso de Martín Vila é máis grave, se cabe. En 1976 era ministro de Relacións Sindicais (sic), e Fraga o ministro da Gobernación (actual Interior). Cando miles de obreiros vascos concéntranse na Igrexa de San Francisco de Vitoria, a policía recibe a orde de disparar. O resultado son cinco mortos e decenas de feridos. Martín Villa, como Fraga, quen nun alarde de chulería afirmou, "a rúa é miña" e fai tres anos ratificouse, "volvería actuar como o fixen", foron os responsables políticos daquela carnicería.

A aprobación da Lei de Amnistía no 77 librounos de ter que responder, como sucedeu con todos os cargos do franquismo, que daquela moitos vivían. Perdoáronse e quixeron que se esquecesen as responsabilidades dos que aínda mantiñan 120 mil mortos en cunetas e tapias de cemiterios, onde seguen grazas aos pactos da Transición.

A burguesía non podía prescindir deles porque moitos se converteron en burgueses grazas á cobertura da represión e a ditadura, a través do roubo e o saqueo, estraperlo / contrabando, etc.; por iso negociou coa oposición democrática a amnistía dos presos políticos que non cometesen delitos de sangue, mentres perdoaban os crimes dos franquistas que si cometeran delitos de sangue.

O réxime do 78 nacía cunha flagrante dobre moral: baixo o manto da reconciliación nacional, os franquistas librábanse do que non se libraron os seus "admirados" nazis e fascistas italianos.

A lei de fraca memoria histórica

No 2004 chega ao goberno Zapatero; un dos motores que o impulsa é a reivindicación cada vez máis forte da reparación dos crimes do franquismo. Son os fillos e os netos das vítimas da represión os que a pesar de todas as trabas burocráticas e políticas, van recuperando o pasado. ZP comprométese a aprobar unha lei da memoria histórica que de resposta á reivindicación, pero queda no saúdo á bandeira da Lei que hoxe coñecemos.

O franquismo segue vivo nas institucións fundamentais do réxime, nos consellos de administración das grandes empresas, que non poden admitir que se reivindique a memoria dos represaliados porque é acusalos de beneficiarse de delitos de lesa humanidade.

Non é neutral esa reivindicación, tras cada morto hai un "quen deu a orde", "quen disparou",... Moitos din que xa desapareceran e por tanto é un exercicio van, posto que os seus descendentes non son responsables dos seus crimes. Sería certo se eses descendentes rexeitasen as prebendas, as propiedades e o capital que os seus antepasados acumularon grazas ao franquismo. "Na herdanza levan a responsabilidade", e só renunciando a ela poderían demostrar que si rompen co pasado.

Pero hai outro motivo máis prosaico, como Villar Mir -ministro do 1er goberno da Monarquía e hoxe un dos grandes do capitalismo español-, os duques de Alba ou calquera outro capitalista cuxa familia acumulou a súa riqueza baixo o franquismo vai renunciar á súa herdanza?. O franquismo vive no presente porque o capitalismo español forxouse ao longo de 40 anos baixo o seu manto, as súas leis antiobreiras, da súa represión como en Vitoria, de crimes políticos como a execución de Puig Antich.

Por este motivo a Lei da Memoria histórica só podía chegar a bo porto derrogando a lei de amnistía que os ampara. A única maneira de conseguir a reparación e a xustiza polo sucedido pasa pola súa derrogación e, polo tanto, a desaparición do réxime que sustenta.

A orde de extradición debe servir para achandar o camiño nesta loita; unha sociedade que vive no esquecemento de 120 mil das súas xentes que deixaron a vida por unha sociedade mellor, é unha sociedade enferma e atemorizada incapaz de enfrontarse ás súas propias pantasmas. O silencio clamoroso de todas as forzas políticas da esquerda ante o órdago que supón a orde da xuíza Servini, convérteos en cómplices do mantemento dun réxime que apoia-se en crimes de lesa humanidade.

O principio de xustiza universal e os delitos de lesa humanidade

As ditaduras nazis e fascistas foron derrotadas na II Guerra Mundial non só polos exércitos "aliados", senón polas poboacións traballadoras das nacións ocupadas e oprimidas. O fin de Hitler e Mussolini,... foi un berro de liberdade que obrigou ás potencias vencedoras ir máis aló do que realmente lles gustaría, tiveron que xulgar e en casos executar aos responsables dos terribles crimes cometidos.

Para evitar que a situación en Alemaña tomase o camiño de Italia ou Francia, onde a poboación fai xustiza contra os ditadores, executando a Mussolini, a súa amante Clara Petaci, ou Francia contra os colaboracionistas, as potencias vencedoras buscan a maneira de dar unha canle ó odio popular, e realízanse os Procesos de Nuremberg, xulgando e condenando á plana maior do nazismo.

Son uns xuízos onde se aplica o principio de "xustiza universal", por cima do de territorialidade da xustiza. Aos criminais nazis xúlganos tribunais non alemáns, senón norteamericanos, rusos, británicos, etc.; xunto con este "novo" principio xurídico, créanse "novos" delitos, e incumprindo un dos principios da xustiza burguesa, faise con efectos retroactivos. Eses novos delitos son os de "lesa humanidade", como o xenocidio, etc., etc., que son imprescritibles, é dicir, son perseguibles sempre.

Tanto o principio de xustiza universal como os novos delitos que se crean, son unha gran conquista democrática da poboación que non chegaron ao Estado Español, aínda que hipocritamente subscriba todos os tratados que os garanten.

Galiza, no mes de decembro de 2014

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.