1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (2 Votos)
Roberto Laxe

Clica na imagem para ver o perfil e outros textos do autor ou autora

A Velha Toupeira

De 14 de abril a 14 de abril

Roberto Laxe - Publicado: Segunda, 14 Abril 2014 16:15

En 1931, tras a vitoria da coalición Republicano-Socialista en case todas as zonas urbanas e industriais, proclámase a II Republica... abrindo un proceso revolucionario que culminaría en 1936/37.


Para moitos é unha data histórica superada polo tempo... Pero, e isto é o decisivo, as causas estruturais que provocaron a proclamación da Republica e despois a revolución española non só seguen sendo basicamente as mesmas, senón que se agudizaron.

O capitalismo español segue sendo un imperialismo de "segunda" división, dependente das subvencións do estado, como demostra a corrupción galopante que atravesa o Réxime do 78, agora atado a un organismo supra estatal, a Unión Europea, que profunda nas causas estruturais que deron orixe ao 14 de abril de 1931.

O problema da terra mantense cunha Política Agraria Común que segue favorecendo aos vellos e novos terratenientes; unha estrutura ultracentralista do Estado, que a UE apoia sen fisuras, e un capitalismo que segue baseado na máxima "que inventen eles", mentres baixamos salarios e destruímos as conquistas do pobo traballador.

As ilusións populares de 1931 foron frustradas pola II Republica; nesta ocasión non pode repetirse a historia, por iso hai que levantar un programa que apunte directamente ao corazón dos problemas, ao capitalismo español e europeo, ao dereito dos pobos á autodeterminación e á resolución do problema agrario; é dicir, o programa do socialismo na forma dunha Federación de Republicas Ibéricas no marco dos Estados Unidos Socialistas de Europa.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.