1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)
Roberto Laxe

Clica na imagem para ver o perfil e outros textos do autor ou autora

A Velha Toupeira

5 anos de queda: Porque o sistema non sae da crise?

Roberto Laxe - Publicado: Quinta, 06 Setembro 2012 18:01

Levamos xa 5 anos de crise econômica, desde aquel agosto de 2007 que semella moi lonxano, e os gobernantes de todas as cores tentaronno de todo, desde deixar cair bancos como Lehmann Brothers ate resgates billonarios. "Nacionalizaron" grandes multinacionais como General Motors, e deixaron cair outras.


Aumentaron a débeda ate limites incalculables para os mortais, recortaron servizos públicos a esgallo, baixaron pensións - agora sae que no gran milagre alemá, resulta que os sus xubilados teñen que traballar para manter un nível digno de vida-, venderon chan e térreos. Especularon co petróleo, cós bio combustibles, cós productos de primeira necesidade, coa débeda soberana, e fixeron grandes fortunas... Fixeron de todo, e o mundo asomase de novo a un proceso de recesión, non só na "periferia do centro" da UE, mas nas três grandes economias imperialistas, EE UU, Alemaña e Xapon. Ate China comeza a dar signos de que o seu milagre tem data de caducidade.

Os economistas e representantes da ideoloxia neoliberal nunca van recoñecer que desde o seu triunfo, nos anos 80 com Thatcher e Reagan, non fixeron mais que fuxir cara diante da crise que o capitalismo levaba trás de si, e que explodira na dos anos 70 despois dos 30 gloriosos posteriores a II Guerra. O seu fracaso é un fracaso de proporciones bíblicas, fracasaron em sacar o sistema da decadência, mas isso si com desregulamento e privatizacións conseguiron que sectores do capital, os mais parasitos – os grandes bancos, os hedge founds, os especuladores, o capital risco, etc.- fixeran grandes fortunas.

A tendência natural do sistema capitalista, a acumulación de capital na sua forma monetária, foi convertida nun fin em si mesmo. Marx estableceu que a formula do capital é D-M-D´, o que significa, que o capitalista que inviste 100, quere, a través da producción de mercadorias, recoller unha rendabilidade de 130. Se isso non se da, e na especulación ofrecenlle 140, ele vai á especulación, e a producción de mercadorias pasa un segundo plano (a formula simplificariase em D-D´).

Mas, os 140 da especulación sae dun feito da economia real, dun contrato de compraventa dunha mercadoria (sexa física ou a prestación dun servizo). A especulación é, sempre, sobre feitos da producción, sobre o que se fan apostas de rendabilidade. Se há a menor sospeita de que nin na especulación vaise ter esse resultado, todo o edifício cai, como caeu a especulacion inmobiliaria trás as subprime.

A especulación inmobiliaria caeu trás a queda dos benefícios que o sector da construcción viña xerando desde os anos oitenta, cando se introduciu na producción de vivendas e infraestructuras vários cambios cualitativos, nomeadamente a sustitución dos encourados de madeira pólos encourados metálicos. De tal xeito reduciu-se o seu valor real, o tempo de traballo socialmente necesario para a construccion da vivenda ou da infraestructura. Isto xerou uns benefícios que fixeron atrativos os investimentos na construcción, e o longo destos anos foi onde se dirixiron os capitais. A burbulla inmobiliaria comezou póla alta rendabilidade do sector.

Isto no sería excesivamente grave, é dicer, so seria unha crise sectorial como foi a das .com a comezos do século XXI, se non se xuntara cunha queda xeralizada da tasa de lucro dos sectores industriais centrais da modelo econômico post guerra mundial, com especial incidencia no petróleo e o automóvil; enfrentados a mundanzas estructurais polo esgotamento da matéria prima, a aparición e desenvolvimento de novas forzas enerxéticas e de novas tecnoloxias no automóvil (a electricidade, os híbridos, o biocombustible, etc.).

Este é un dos motivos principais para que o sistema, faga o faga, non teña saída á crise. Mentras non recuperen a taxa de lucro, o sistema vai estar em crise. Como a superación da crise supón un troco do paradigma na producción de bens e servizos - dos que os elementos obxectivos e técnicos xa existen-, esto bate de frente côas actuas relacións sociais de producción.

A burguesia das potencias imperialistas, impresionada e presionada pólos êxitos econômicos dos chamados "emerxentes" baseados na superexplotación da clase traballadora, procuran recuperar a taxa de lucro seguindo o seu "exemplo", pola via do incremento da mais valia absoluta, é dicer, o aumento da xornada laboral e a reducción pura e simple dos salários.

A mais valia relativa é dicer, a reducción do tempo de traballo necesario para a reproducción da mán de obra, significa xusto o que non podem facer, aumentar a productividade do traballo mudando o paradigma de producción. De feito, neste sentido, nos anos 80 tentaron sustituir o fordismo polo toiotismo na organización do traballo, o tempo que avasallaban co neoliberalismo e as privatizacións. Mas o estancamento da economia nipona –berce do toiotismo- desde comezos dos 90 demonstrou que o fordismo, o traballo em cadea, é insustituible na gran producción de mercadorias a baixo prezo.

O fordismo vai ligado intimamente á gran fábrica, ás grandes cadeas de distribucion - deslocalizada ou non, terceirizada ou non, pois em todos os casos serven á producción dumha mercadoria propiedade da matriz-, á producción masiva de bens de consumo, e porén ao imperialismo como forma actual do capitalismo; so as corporacións multinacionais (ou o estado) podem soster os investimentos precisos para desenvolver esse xeito de producir. A decadência do imperialismo é a decadência do fordismo como forma de organización do traballo.

Por estes motivos o sistema non sae da crise, teria que facer umha revolución no seu aparello productivo, na sua organización do traballo, renunciar ao que ate o de agora lles dera resultado, ... e isso seria como crer que o capitalismo ainda é capaz de facer revolucions, cando nin para salvarse é capaz.

Há sectores da sociedade, ligados a elementos do próprio sistema, que influen a través de profesores de universidades, prêmios nobeles, médios de comunicación, etc., que queren desactivar o caráter revolucionário desta crise, e afirman a cotio que com aumentar o I+D+i, com investir em outro modelo produtivo, com poñer "a economia o servizo da cidadania", basta para sair da crise.

E teñen parte de razón. Se o mundo investira en combatir a fame ou as enfermidades o que destina a armamento estas desaparecian, mas que farían co aparello militar-industrial. Se investiran em protección do médio natural, o cambio climático de seguro seria reversible, mas as grandes petroleiras viran baixar os seus lucros. Se nacionalizaran a banca, e destinaran os capitais ali escondidos a infraestructuras sociais, haberia hospitais, educación, etc. para todos, mas que farian cós sistemas privados de pensións, cós hospitais privados, coa Igrexa, coa própria banca. Se investiran em novas tecnoloxias como a nanotecnoloxia ou fontes de enerxia limpas, a nosa dependência do contaminante numero un do mundo, o petróleo, desaparecia; e a Exxon Valdez, a Repsol, a Elf Aquitaine, a Royal Ducht,... onde irian?.

Porén, falar diso e non falar de quen pode facelo é simplemente escriber de novo umha Utopia como a de Tomas Moro, onde se describia umha sociedade imaxinaria igualitária. E a realidade é que nin a burguesia coa sua revolucion foi capaz de levar adiante a sociedade imaxinada por Tomas Moro. Porque cando falamos de economia, non falamos de economia a secas, senon de economia politica.

O capital em abstracto si tem saída da crise. Que ideólogo da burguesia "progresista", ex neoliberal ou non, non imaxinou unha saída da crise sobre esa base? Todos. Embora, a ningun deles se lles ocorreu pensar que o freo á saída da crise non esta na tecnoloxia nin na técnica, senon na economia política, nas relacións sociais de producción capitalistas - a propriedade privada dos médios financeiros, de producción e distribucion-, que impiden que esa tecnoloxia e esa técnica se desenvolva.

Por todo isso, o capital non sae da crise; e mentras non xurda unha alternativa política que levante un verdadeiro programa socialista de transformación da sociedade, rompendo todas as trabas politicas e sociais que frean o desenvolvimento social, o sistema capitalista seguira profundizando na sua crise, transformando a sua crise econômica numha crise social dun calibre monumental.

Galiza, a 29 de agosto do 2012

Roberto Laxe


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.