1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)
Roberto Laxe

Clica na imagem para ver o perfil e outros textos do autor ou autora

A Velha Toupeira

E o rei saiu da “burbulla”

Roberto Laxe - Publicado: Terça, 31 Julho 2012 17:15

As clases dominantes, conscentes da debilidade que o goberno de Rajoy tem para levar adiante o pacote de medidas que desde a Union Europea, o BCE e o FMI exixenlle, procuraron dar lexitimidade e lustre ao consello de ministros do vernes 13, côa presenza do monarca.


Ate o de agora sempre deralles resultado sacar o rei da burbulla, das suas cacerias e o "duro traballo de reinar". Asi foi cando a final dos 70 os gobernos da UCD aprobaron os decretos de reconversion industrial para entrar no que agora é a Union Europea, que despois serian aplicados pólo PSOE nos 80; asi foi trás o golpe de estado do 23F. Asi, tamen, cando o goberno de UCD e despois o do PSOE, menteronnos na OTAN.
O longo de todos estos anos a figura do rei, e da família real directa, foi protexida dos avatares da política cotia, e só nas ocasions anteditas, ou em crises fortes pólos atentados de ETA, a monarquia cumpria o papel para o que foi destinado nos pactos da transicion, garantir a estabilidade do aparello do estado herdado do franquismo, nomeadamente o exercito e o poder xudicial, e a ligazon co rexime xurdido na constitucion do 78. Para algo é o xefe de todos os Exércitos, e preside todos os anos –salvo este, por motivos de todos coñecido- o comezo do ano xudicial no acto oficial do Consello do Poder Xudicial.
Este pacto incluía o acordo das organizacions das burguesias bascas e catalanas a través do PNB e CiU, e as cúpulas das organizacions sindicais e politicas, como o PCE, CCOO e UXT. De feito, non é de extranar a reaccion de Toxo trás a presencia do rei no Consello de Ministros do 13, afirmando que non coñecia os seus contidos, e que cando o fixera, rexeitariaos. O segredario Xeral de CCOO foi contestado polo monarca desde o extranxeiro: as medidas adoptadas son as "unicas posibles".
Dalgun xeito, a monarquia, e as institucions que preside, o exercito e o poder xudicial, é o partido da burguesia española. O seu redor xiran as diferentes fraccions da capital, representados no PSOE e no PP; sendo o seu reaseguro em caso de crise destos dous partidos. Por isso, o rei e a casa real baixan á terra, saen da sua vida "de traballo", cando é preciso avaliar côa sua figura o que os partidos institucionais non podem facer, sem abrir umha profunda crise política.
Mas como din a cancion, "o tempo pasa", e no 2012 a figura da monarquia, e do rei, xá non tem o lustre e a lexitimidade que tiña non hai tanto tempo.
A constitucion da Union Europea, o feito de que o 60% da lexislacion dos estados membros veña determinado pólas Directivas Europeas, agudizado agora póla política de resgates e intervencions directas, teñen debilitado o seu papel institucional e nucleador dos interesses do capital. Este papel bonapartista, por cima das contradiccions de clase e sociais, esta sendo asumido póla Comision Europea e Bruxelas.
Neste cadro, as burguesias nacionalistas procuran um reacomodo na nova arquitectura europea, que se esta a facer a partir da crise, e comezan a dar signos de desapego cara os pactos da Transicion.
Por outra banda, há um elemento interno que é o que o debilita diante da poboacion, a implicacion em casos de corrupcion da família real, e a sua própria decandencia individual. A crise esta poñendo branco sobre preto o verdadeiro papel do rei e a monarquia, como parte da clase capitalista, mesmo destapando a sua cobiza individual.
Nestas condicions, o intento de avaliar o pacote de medidas acordado o pasado 13 de xullo côa presenza do rei só podem ter o efecto contrario, que é o de ligar a loita da poboacion traballadora contra as suas consecuencias, contra a suba do IVE, a supresion da paga extra, os recortes no desemprego, etc., á loita contra o rexime que garantiu a estabilidade burguesa o longo destos anos.
Na sua desesperacion por impor a poboacion os costes da crise, a situacion do goberno, o final, pode ser um xogo de nenos diante do que puxeron em perigro, a mesma estabilidade do rexime, pois a meirande parte dos que hoxe loitan e denuncian esas políticas, os funcionários, os militares e policias, son a base social desa monarquia e dos seus partidos.
Para enfrentar com garantias de victoria os recortes que desde o goberno da monarquia queren impor, as loitas dos traballadores/as, dos sectores da poboacion afectados non chega com enfrentar o goberno de quenda: a decision non é coxuntural, senon que o intento de facer retroceder 50 anos nos nosos direitos é um proxecto do conxunto do capital español e europeo, do seu rexime, pase o goberno que pase, teña a cor que teña.
A crise esta destapando o verdadeiro caracter da monarquia, como a columna vertebral dun rexime antiobreiro e antipopular, e as organizacions obreiras e populares non podem seguir ocultando esta relacion que esta comezando a facer augas.
A crise de lexitimidade do rexime da monarquia, abre a perspectiva cara a realizacion dunha asemblea constituiente onde a poboacion traballadora e os pobos do estado decidan o seu futuro político, econômico, social e o xeito de relacionarse co resto de Europa. Porque, queriamolo ou non, a saída da crise ou é de conxunto ou gañaran os poderosos e as clase dominante.
19 de xullo de 2012


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.