1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

mineiros asturianosAstúrias - CUT-Galiza - Cinco mineiros asturianos foram condenados cada um deles a dous anos e seis meses de prisom.


A sentenza inclui para cada mineiro unha multa de oito euros diarios durante vinte meses e sesenta días de localización permanente.

O fallo non é de 1965, aínda que o pareza, senón que se produciu hai dous días. Máis unha vez o fascismo amosa a súa face máis terrorífica exercendo a represón sindical indiscriminada para tratar de socavar a clase traballadora do carvón asturiano.

Ninguén duvida da responsabilidade do nosso sistema xudicial, estrutura institucional sen depurar debidamente no posfranquismo e que funciona tamén como ferramenta anti-obreira ao serviço do capital. Contodo, e téndomos en conta o marco legal vixente, para a CUT o problema de fundo radica nun rexime agónico que teima de forma progressivamente crescente en exercer unha represón social extrema coa pretensón de eliminar os direitos básicos de todo o proletariado. E apuntabámolo nesta mesma web hai uns días verbo da “Lei Mordaza”: a prática da “doutrina do shock”, através do caso Charlie Hebdo e outros despistes, non é tampouco unha casualidade. Estamos ante un novo deseño do capitalismo mundial para enfrontar esta etapa histórica marcada polo empobrecimento das capas populares mentres continúa a rapina da gran empresa e do poder financeiro en Ocidente e naquelas zonas do mundo que aínda non están sob controlo estratéxico do ponto de vista político, económico ou militar.

A alternativa da clase traballadora non é outra que a acumulación de forzas para modificar a correlación real. O cambio conséguese na rúa que será o factor determinante que condicione o futuro noutras instancias. Hoxe son estes compañeiros asturianos os prexudicados e mañá mesmo poderá ser calquera persoa galega por participar nun piquete de folga, por ter un mínimo de conciencia obreira ou, simplemente, por defender os seus dereitos.

Nese sentido a CUT quer manifestar de forma enérxica a súa solidariedade cos cinco mineiros asturianos e, como sempre, estará prestes a apoialos na mobilización.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.