1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

020414 iaEstado espanhol - Comité de Solidariedade - Hoxe, 1 de abril de 2014, o preso político do PCE(r) e compañeiro sentimental de Isabel, Manuel Arango Riego, efectuou unha chamada telefónica dende o cárcere de Zuera (Zaragoza) informando do falecemento de Isabel nese mesmo cárcere de Zuera, sen poder achegar máis detalles, salvo que tería sido en torno ás horas do mediodía e que puidese ser producido polos seus enormes problemas -non atendidos en todos estes anos- das súas dificultades respiratorias.


Isabel Aparicio Sánchez cumprira 60 anos o pasado 2 de febreiro. Levaba presa política dende 2007 e xa pasara anteriormente por prisión outros catro anos a partir de 1980. Madrileña, militante histórica do PCE(r) dende a súa fundación en 1975, levaba con innumerables problemas médicos non atendidos dende o seu ingreso en prisión. Aínda na súa última chamada a semana pasada se mostraba positiva pois parece "que lle ían facer algún caso co tema da sinusite crónica, algunha revisión," tras tantos anos de desatención, anulación ou non concesión de visitas a médicos extra-penitenciarios.

Recordamos e denunciamos que Isabel tiña enfermidades de carácter grave que non foran tratadas en ningún momento, nin derivada a hospitais, polo que a súa gravidade estaba a engadirse cada día, ata ocasionar a súa morte o 1 de abril entre os muros do cárcere de Zuera.

Non foi tratada xamais da súa artrose dexenerativa xeral, nin da súa osteoporose, nin dos seus problemas de respiración e sinusite grave e crónica, nin do desprazamento das súas vértebras lumbares, nin da súa hernia de disco. Agora morreu en prisión, esta insuperable comunista, esta militante obreira que deu ata o seu último alento de vida en pro da loita obreira e popular.

Isabel Aparicio Sánchez, semente de liberdade!
Nin esquecemento nin perdón!


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.