1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

130509 otegiEuskal Herria - Sermos Galiza - O Tribunal Constitucional admite a trámite o recurso de Arnaldo Otegi e @s outr@s catro encausad@s no caso Betegarune contra a sentenza do Supremo que os condenou a seis anos de prisión. Xermola así a posibilidade de que est@s militantes abertzales, pres@s desde 2009, sexan postos en liberdade.


O TC admite a trámite o recurso presentado pola defensa contra a sentenza ditada polo Tribunal Supremo contra os dirixentes abertzales Arnaldo Otegi, Rafa Díez, Sonia Jacinto, Arkaitz Rodríguez e Miren Zabaleta polo casoBateragune.

O Supremo condenara a estas cinco persoas a penas de entre seis e seis anos e medio de cárcere por, sentenciara, intentar reorganizar a ilegalizada Batasuna.

Cando 'Todo é ETA' era asumido

Eran os anos nos que o Todo é ETA impulsado por Garzón e amparado por PP e PSOE era asumido pola inmensa maioría da sociedade española sen a mínima crítica.

Agora, o Constitucional deberá estudar a petición da defensa de que se suspende a execución da condena mentres resolve sobre o asunto, segundo sinalan desde Naiz. O que supón abrir a porta á posibilidade da súa posta en liberdade, o que até o de agora era impensábel.

En prisión desde 2009

Os cinco condenados permanecen en prisión desde que o 13 de outubro de 2009 ducias de axentes de a Policía española entraran na sede do sindicato LAB en Donostia, onde detiveron a Otegi, Díez, Rodríguez, Jacinto e Rufi Etxeberria. Noutras localidades de Euskal Herria eran arrestados Mañel Serra, Miren Zabaleta, Amaia Esnal e Txelui Moreno.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.